Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Regades acláralle ao BNG que son os votos ao partido socialista os que frean a VOX e garanten o progreso en Galicia e en España

O PSdeG-PSOE reúne aos seus cadros provinciais na Illa das Esculturas de Pontevedra e conxúrase para manterse por enriba do listón do 30% e revalidar a vitoria de 2019

O PSdeG-PSOE reúne aos seus cadros provinciais na Illa das Esculturas de Pontevedra e conxúrase para manterse por enriba do listón do 30% e revalidar a vitoria de 2019

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Julio de 2023

Fuente: PSdeG-PSOE

A forza que detén á ultradereita é o Partido Socialista, destacou o candidato do PSdeG-PSOE ao Congreso pola provincia, David Regades, nunha xuntanza con cadros socialistas celebrado no parque da Illa das Esculturas,  en Pontevedra. Un encontro no que participaron integrantes da candidatura, como a número 1 ao Senado, Carmela Silva, e a número 2 ao Congreso, Marica Adrio.

“Ao BNG, que anda por aí postulándose como dique contra Vox, hai que dicirlle que se algo preocupa a Vox son os votos do Partido Socialista, que son os que sentan aos deputados/as e senadores/as suficientes nas Cortes Xerais para facer posible a maioría progresista que frea a Vox e aos seus socios do PP. Son os votos ao Partido Socialista os que lle paran os pés a Vox e garanten o progreso en Galicia e en toda España”, subliñou Regades.

O candidato recordou que o mellor xeito de combater á ultradereita é que o PSOE repita os 3 deputados/as e 2 senadores/as que logrou en 2019, pois o BNG, ao igual que Vox, carece de representación. “Nas Eleccións do 23 de xullo xogámonos un Goberno progresista encabezado polo Partido Socialista e Pedro Sánchez ou un Goberno de retroceso de PP-Vox; iso é o que nos xogamos porque é o que vai impactar nas nosas pensións e nos nosos dereitos, o demais son batallas menores”.

Regades destacou que nas últimas Xerais, en novembro de 2019, o PSOE foi primeira forza na provincia, cun 32,13% (166.377 votos), superando ao PP en case catro puntos. O BNG e Vox, recordou quedaron empatados en torno ao 7,5% e quedaron sen representación. “Estamos no “club” de provincias nas que o Partido Socialista supera sistematicamente o listón do 30% e imos esforzarnos ao máximo para volver logralo; esa debe ser a nosa contribución dende a provincia de Pontevedra para que Galicia e España sigan avanzando”.

Durante o acto participaron tamén Carmela Silva, que apostou por despregar unha campaña emocional, que conecte coa cidadanía e tamén de defensa do presidente do Goberno para combater a estratexia de despersonalización da dereita e a ultradereita. Marica Adrio, pola súa banda chamou a defender os logros do Goberno “que ninguén discute”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí