Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Roteiro Siñor Afranio

Prazas limitadas á capacidade do microbús (33 PLAZAS) e por rigoroso turno de inscrición no teléfono 636247329.

Prazas limitadas á capacidade do microbús (33 PLAZAS) e por rigoroso turno de inscrición no teléfono 636247329.

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Septiembre de 2023

Fuente: Castro Laboreiro

En 1979, Edicións do Castro publica o libro O siñor Afranio ou como me rispei da gadoupas da morte. Nel fala das súas memorias como fuxido das forzas fascistas sublevadas en 1936, e da rota que seguiu polo sur de Pontevedra e Ourense ata chegar a Portugal, agochado no monte, e máis tarde disfrazado de esmolante portugués (Afranio de Amaral). Este fuxido non era outro que o propio Antón Alonso Ríos.

 

Alonso Ríos (Silleda, 1887) estudou maxisterio en Santiago. En 1908 emigra a Arxentina. Alí participa na fundación da Federacion de Sociedades Gallegas Agraria e Culturales en 1921, e coa instauración da República volve a Galicia e é nomeado director da Escuela del Porvenir en Tomiño, escola creada e sostida polos emigrantes galegos na Arxentina. Ao fronte dela permanecería desde 1931 a 1936. En febreiro do 36 preséntase ás eleccións de Deputados a Cortes pola Federación Agraria da provincia de Pontevedra, formando parte da candidatura da Fronte Popular e sae elixido. Cando se desata a guerra civil, Alonso Ríos ponse, xunto con outros republicanos en Tui, á fronte dun grupo de carabineiros, soldados da mariña e civís armados con escopetas de caza, nun desesperado intento de defender a República e impedir o paso das tropas sublevadas.


Na guerra civil española, a freguesía de Castro Laboreiro foi lugar de acollemento para ducias de fuxidos da represión franquista. Nesta visita centrarémonos na fuxida de Antón Alonso Ríos paseando polos lugares que el describe no seu libro O Siñor Afranio, pero sen esquecermos outras persoas que nesta zona tamén estiveron agochadas.


O roteiro estará guiado por Américo Rodrigues, Cofundador do Núcleo de Estudos e Pesquisa Montes Laboreiro.


PROGRAMA
9:00 h saída do autobús desde Goián (Campo de fútbol). Paradas en Tui e Salvaterra.


11:00 h Chegada a Castro Laboreiro. Parada de 20 minutos para café.


11:20 h Rodeiro. Pequena rota (3 km) recreando a que segue Alonso Ríos .Visita á casa onde estivo refuxiada a mestra Eudosia Lorenzo Diz, denunciada e feita prisioneira o 17 de maio de 1938.


14:30 h Xantar (almoço) no restaurante Miracastro.
Américo Rodrígues fará un repaso pola historia de Castro Laboreiro na sobremesa.


16:30 h Retomamos o roteiro. Pequeno percorrido pola zona do Ribeiro, onde estivo Afranio, e visita á casa da refuxiada galega Rosaura Rodríguez, no lugar de Assureira. A seguir iremos á Ponte Nova, no mesmo lugar. En Curveira, achegarémonos á lapa de Caralhote onde se agocharon moitos refuxiados. Pasaremos polo marco 51 e a casa dos guardiñas en Ameijoeira. Finalmente, faremos a última parada no monumento ás vítimas do fascismo en Ferreiros (Entrimo).


18:30 h Regreso.


PREZO (INCLÚE AUTOBÚS E XANTAR)
· 37 €/persoa se o menú é de bacallau
· 35 €/persoa se o menú é de vitela


Prazas limitadas á capacidade do microbús (33 PLAZAS) e por rigoroso turno de inscrición no teléfono 636247329.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí