Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Teatro, circo, malabares, inchables e obradoiros, no Nadal Cultural de Tomiño

A villa recibirá tamén a visita do Apalpador e dos Reis Magos como vén sendo habitual

A villa recibirá tamén a visita do Apalpador e dos Reis Magos como vén sendo habitual

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Diciembre de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

A Concellería de Cultura do Concello de Tomiño organiza un Nadal que este ano terá actividades para público infantil e familiar, relacionadas co teatro, o circo e os obradoiros, antes da tradicional Cabalgata de Reis.

 

O día 26 de decembro o Mercado Municipal (1º andar) acollerá un obradoiro impartido por Migallas Teatro e dedicado a público infantil. Será ás 11.30 horas.

 

O 28 de decembro, no Mercado Municipal (1º andar), "Zapatos" de Caramuxo Teatro. Unha historia que narra todas as historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen nin dono nin dona. ¿Que pasa con todos eses Zapatos que xa ninguén usa? Todos os dias chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores.Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darlle a a benvida ó lugar onde vivirán para sempre.

Será tamén no mercado o día 28 de decembro ás 11.30h. Para público infantil.

 

O 31 de decembro O APALPADOR visitará Tomiño. Esta actividade desenvolverase na Praza do Seixo a partir das 17.00h.Para público infantil e familiar.

 

Xa o 2 de xaneiro, o CIRCO CHOSCO RISCANDO O CEO chegará a Tomiño. Riscando o ceo lévanos a un mundo onde o circo aparece en forma de humor, maxia, malabar, acrobacias e equilibrios imposibles. Un ton absurdo e reflexivo que fai que nos reformulemos o esencial das cousas. Inspirado no incrible mundo de O Principiño de Antoine de Saint-Exupery. Espectáculo para público infantil e familiar.  Na Praza do Seixo. ás 17.30 horas.


E os días 3 e 4 de xaneiro, na Praza do Seixo, instalaranse INCHABLES de 16.00 a 20.00 horas. Un ano máis a praza do Seixo volverá a converterse nun dos centros do Nadal en Tomiño cunha carpa na que as nenas e nenos poderán desfrutar de inchables e pintacaras, entre outras actividades. Para público infantil.

5 de xaneiro. A partir das 16.30h.CABALGATA DE REIS. Como cada ano, a tradicional Cabalgata de Reis percorrerá as principais rúas do núcleo urbano de Tomiño, chegando á Praza do Seixo, onde as Súas Maxestades recibirán a nenos e nenas coas súas cartas.

Todas as actividades son de balde.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí