Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño conmemora o Día do Libro coa campaña -Libros para ser Libres-

Destacadas figuras en distintos campos súmanse á iniciativa subindo un vídeo ás redes sociais lendo un fragmento dos seus libros

Destacadas figuras en distintos campos súmanse á iniciativa subindo un vídeo ás redes sociais lendo un fragmento dos seus libros

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Abril de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

O departamento de Cultura do Concello de Tomiño, en colaboración coa Oficina Municipal de Información Xuvenil, lanza a campaña “Libros para ser libres” nas redes sociais, co obxectivo de conmemorar o Día do Libro este 23 de abril. Procúrase con isto animar a persoas escritoras, tradutoras e lectoras a compartir un breve fragmento, recomendar un libro ou presentar a unha persoa autora, coa intención de fomentar a o hábito e a paixón pola lectura entre a veciñanza.

 

Na campaña xa confirmaron a súa participación figuras de grande relevancia en todo o Estado, que lerán para a audiencia nas redes sociais un fragmento dos seus libros. Entre elas atópanse grandes profesionais en distintos campos como a xornalista Rosa Montero; a doutora en lingüística Natalia Fernández Díaz-Cabal; os filósofos Joan Manuel del Pozo e Chis Oliveira; a socióloga Amada Traba; o nutricionista Julio Basulto; a escritora e directora da editorial La Bella Varsovia, Elena Medel; a poeta e xornalista Luna Miguel ou os poetas Jose A. Gómez Iglesias (máis coñecido como Defreds) e Miguel Gane. Tamén se interesou pola iniciativa o coñecido cantautor Nacho Vegas, mais por problemas de conexión para enviar o vídeo finalmente non puido participar.

 

Coa iniciativa preténdese achegar a literatura e o pensamento á sociedade e servir de ponte entre diferentes xeitos de entender a vida e a cultura. A idea é fomentar o pracer de ler e destacar que, nunha época de pandemia, os libros axúdannos a manternos informadas, entretidas, a estender lazos con outras persoas e culturas e a fomentar a nosa creatividade e coñecemento.

 

Desde o Concello fan un chamamento ás persoas lectoras para que acompañen a campaña nas redes, compartindo un vídeo lendo un fragmento dun libro e etiquetándoo co hashtag #librosparaserlibres. Os vídeos tamén poden ser enviados ao Whatsapp no número 604 062 369 ou ao correo electrónico omix@tomino.gal

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí