Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño conmemora o Día do Libro cun concurso de reseñas bibliográficas e un club de lectura

A OMIX oferta tamén de maneira gratuíta un club de lectura infantil que terá lugar o primeiro venres de cada mes

A OMIX oferta tamén de maneira gratuíta un club de lectura infantil que terá lugar o primeiro venres de cada mes

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Abril de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño conmemora o Día do Libro coa convocatoria dun concurso de reseñas bibliográficas. Organizado pola Concellería de Cultura, a través da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), as persoas que se anoten terán a posibilidade de escoller entre dous libros: “Los besos en el pan”, de Almudena Grandes, e “Sen Piedade”, de Pedro Feijoo.

Para participar no concurso é necesario ler unha das obras e logo escribir unha reseña de entre 500 e 700 palabras. Por último, facerse unha foto co texto elixido e logo, loxicamente, enviar a reseña e a foto á OMIX por medio de correo electrónico antes do 10 de maio (omix@tomino.gal) 

A persoa gañadora recibirá un vale por 50 euros para gastar na libraría “Novidades” de Tomiño, ademais de ver publicada a súa reseña nas redes sociais municipais.

Ademais, a Concellería de Cultura de Tomiño ofrece un 10% de desconto en todos os textos literarios, en colaboración coa libraría Novidades, que engade outro 10% de rebaixa adicional, para quen compre un libro o día 23 de abril.

Club de Lectura XUVENIL

A OMIX ofrece, a través do programa de voluntariado local, un CLUB DE LECTURA DE BALDE que terá lugar o primeiro venres de cada mes en horario de 16.30h a 17.30h

A actividade, especialmente dirixida a público xuvenil, consistirá na lectura de diferentes temáticas e no fomento do uso da lingua galega, da lectura e do pensamento crítico. Levarase a cabo no local da OMIX de Tomiño dende o mes de maio (ou xuño) até final de ano. Será todos os primeiros venres de mes en horario de 16.30h a 17.30h. e as prazas serán limitadas. 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí