Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño conmemora o Día Internacional do Cancro Infantil coa obra -Ás para Álex- de Baobab Teatro

A función terá lugar o domingo 20 de febreiro no Auditorio de Goián (17.30h)

A función terá lugar o domingo 20 de febreiro no Auditorio de Goián (17.30h)

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Febrero de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello da Tomiño sumarase á conmemoración do Día Internacional do Cancro Infantil (15 de febreiro), coa obra “Ás para Álex” de Baobab Teatro; unha función que terá lugar no Auditorio de Goián o vindeiro domingo, 20 de febreiro ás 17.30 horas. A entrada para esta actividade, destinada a público familiar con nenos/as a partir de 5 anos, será de 3 euros para as persoas adultas e 1,5 para menores de 12 anos.

O 15 de febreiro conmemórase o Día Internacional do Neno con Cancro, unha data proclamada en Luxemburgo, grazas á Organización Internacional de Cancro Infantil.

O obxectivo é crear conciencia e sensibilizar ás persoas sobre unha enfermidade que lamentablemente afecta a moitos nenos e novos.

Así mesmo, para axudar ás súas familias a que os seus fillos teñan un diagnóstico oportuno e o debido tratamento. Segundo o informe do “Observatorio do cancro” cada ano hai ao redor de 1000 cancros novos en pacientes menores de 14 anos.

“Dende o concello de Tomiño queremos expresar o noso apoio e solidariedade na loita contra o cancro a través do espectáculo ÁS PARA ÁLEX de Baobab Teatro”, explica a concelleira de Benestar, Cristina Martínez.

 “Ás para Álex” é un espectáculo de teatro e monicreques recomendado para nenas/os a partir de 5 anos, cunha duración de 45 minutos.

 Álex ten oito anos e, coma a calquera neno da súa idade encántalle correr, xogar, quedar coas súas amigas e amigos, ir ao parque, xogar ao fútbol que é a súa paixón. Pero un día  ten que deixalo todo, porque o seu corpo non responde e, coma calquera neno, Álex enfádase co mundo e asáltanlle moitas preguntas. Ata que un día  aparece Laura e sen pedir permiso entra de cheo na súa vida para axudarlle a mudar a mirada.

Trátase dunha peza teatral comprometida, divertida e cargada de verdade e tenrura, que toca unha temática moi delicada: "o cancro infantil". Tamén amosa a necesidade de ter un sentimento de esperanza como unha menciña máis para superar esta enfermidade, e a importancia de atopar persoas que nos axuden a soñar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí