Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño organiza actividades de cara ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero

A programación inclúe obras de teatro, coloquios e campañas cos comercios entre outras actividades

A programación inclúe obras de teatro, coloquios e campañas cos comercios entre outras actividades

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Noviembre de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de xénero, o Concello de Tomiño organiza actividades que dende a Cultura, a mocidade, a divulgación académica e mesmo o deporte, queren visibilizar a violencia que día a día seguen a sufrir moitas mulleres polo feito de seren mulleres.

 

A programación inclúe, outro ano máis, a campaña Tomiño en Negro, dende a que o Concello anima ao comercio local, tecido asociativo, organizacións, etc. a sumarse vestindo de negro os escaparates e espazos e coa utilización do material de campaña que será distribuído. Como nos últimos anos, as fotografías e iniciativas co material de campaña poden ser subidas ás redes sociais mediante a utilización dos hashtag #ENNEGRO, #CONTRAASVIOLENCIAS, #NONESTÁSSOA, #QUERÉMONOSVIVAS... calquera deles acompañados de #TOMIÑOENNEGRO.

 

Tamén está encadrado no conxunto de actividades a exposición ‘Rompe. Xoga en Igualdade’, presente no Mercado de Tomiño ata o próximo 20 de decembro, as representacións teatrais ‘Sofía’ e ‘Bernarda’ ou a charla-coloquio ofrecida por Rosa Cobo o venres 20 de novembro: ‘A cuarta ola feminista: violencia sexual vs. educación igualitaria’, entre outras.

 

Unha programación, polo tanto, que de xeito transversal abordará a violencia contra as mulleres e cun acto central o día 25 de novembro a lectura do Manifesto institucional que este ano, e por mor da situación sanitaria, será retransmitido online para garantir a seguridade de toda a cidadanía, sen renunciar á súa lectura como compromiso de todas as forzas políticas con representación municipal e sectores representativos da vila nesta loita que nos une: unha sociedade igualitaria e libre de violencia machista.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí