Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Toñi Vicente prodiga creatividade na súa demostración culinaria no Mercado de Tomiño

Máis de 100 persoas asistiron áo showcooking organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño

Máis de 100 persoas asistiron áo showcooking organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño

Fecha: 05 de Julio de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Gazpacho, pastel de salmón e torrija con xeado de vainilla, foi o menú proposto pola recoñecida chef tomiñesa Toñi Vicente, na demostración culinaria ofrecida este mediodía no Mercado Municipal de Tomiño.

A proposta de Vicente gozou do aplauso do público, máis de cen persoas, que puideron observar á restauradora, pioneira da nova cociña galega, prodigar creatividade e bo facer na preparación de cada un dos pratos, dos cales repartíronse máis de 180 degustacións.

Aínda que os dous primeiros foron moi aplaudidos, o terceiro (sobremesa) foi o preferido do público, pola súa presentación e sabor.

A especial demostración culinaria, organizada pola Eurocidade Cerveira-Tomiño, comezou ás 12.00 do mediodía, estendéndose durante dúas horas. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, deu a benvida á restauradora, agradecendo que aceptara o convite da Eurocidade e dándolle os seus parabéns pola súa traxectoria profesional. "Estamos encantados de ter con nos a Toñi Vicente, unha muller pioneira, innovadora e revolucionaria da cociña galega e española", comentou a rexedora local.

Distinguida cunha Estrela Michelin no restaurante Síbaris de Vigo (anos '80) e posteriormente con outra no restaurante Toñi Vicente, de Santiago de Compostela, a gran chef galega obtivo tamén o Premio Challenge Européen de la Gastronomie.

Para dar continuidade á positiva experiencia da Xornada sobre o Turismo no Contexto Transfronteirizo, celebrada o pasado mes de xaneiro, a Eurocidade Cerveira-Tomiño promoveu hoxe esta demostración coma unha nova iniciativa na que dar a coñecer de primeira man os seus recursos e activos turísticos.

Á demostración culinaria asistiron, ademais de público en xeral, operadores turísticos e axentes culturais galegos e portugueses convidados pola Eurocidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones