Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui celebra o Nadal e os 800 anos da súa catedral cun concurso de debuxo para estudantes de Primaria

O Concello de Tui convoca unha nova edición do seu tradicional concurso de debuxo escolar para escoller a postal de Nadal municipal, que este ano renderá homenaxe ao 800 aniversario da consagración da catedral tudense.

O Concello de Tui convoca unha nova edición do seu tradicional concurso de debuxo escolar para escoller a postal de Nadal municipal, que este ano renderá homenaxe ao 800 aniversario da consagración da catedral tudense.

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Octubre de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

Tui busca a súa postal para felicitar o Nadal, e faino cunha proposta moi especial. Coincidindo co 800 aniversario da consagración da catedral de Tui, o Concello, a través da Concellería de Ensino, Cultura e Mocidade, convoca unha nova edición do Concurso de Debuxo Escolar, un certame xa consolidado que aposta pola creatividade e participación do alumnado tudense.

O concurso vai dirixido ao alumnado de Educación Primaria dos centros educativos do municipio, tanto públicos como concertados. As bases da convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios do Concello.

Nesta edición, o tema central será o “Nadal en Tui”, cunha especial atención á catedral tudense, que este ano cumpre oito séculos da súa consagración. A finalidade é que os nenos e nenas expresen, a través dun debuxo, o significado do Nadal e a súa relación co patrimonio e as tradicións da vila.

Cada participante poderá presentar un único traballo orixinal e inédito, con técnica libre. Os centros educativos serán os encargados de realizar unha primeira selección, enviando á Concellería as doce mellores postais para que o xurado municipal elixa as gañadoras. O prazo de presentación dos debuxos remata o 21 de novembro ás 14:00 horas.

O certame establece tres premios en material educativo e de pintura: o primeiro, valorado en 100 euros, converterase na postal oficial de Nadal do Concello de Tui; o segundo, dotado con 50 euros; e o terceiro, con 40 euros.

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, destacou que este concurso “pretende fomentar a expresión artística e a participación activa da infancia tudense nas tradicións do Nadal, ao tempo que se implica aos máis pequenos na celebración do 800 aniversario da catedral, unha efeméride que pertence a toda a cidadanía”.

Con esta iniciativa, o Concello de Tui continúa fortalecendo o vínculo entre arte, patrimonio e educación, situando ás novas xeracións como protagonistas dun Nadal cheo de historia, cultura e creatividade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí