Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui recibiu á secretaria de estado de Comercio que coñeceu o proxecto que vai transformar o comercio local e o mercado municipal

Suporá un investimento de 1,6 millóns de euros dos que 1,3 serán financiados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

Suporá un investimento de 1,6 millóns de euros dos que 1,3 serán financiados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Enero de 2023

Fuente: Concello de Tui

A transformación, modernización e dixitalización do comercio local, tanto do sedentario coma do mercado semanal dos xoves, e a reforma integral da praza de abastos será unha realidade grazas á execución do proxecto que comezará en breve e que deberá estar rematado o 30 de xuño de 2024. Contará cun investimento de 1,6 millóns de euros dos que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo aportará 1,3 millóns de euros.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez, recibiron hoxe en Tui á secretaria de Estado de Comercio, Xiana Méndez, acompañada da subdelegada do goberno, Maica Larriba. A responsable estatal puido coñecer in situ as actuacións proxectadas que recibiron unha alta valoración na convocatoria realizado polo seu departamento.

Tras ser recibida na casa do concello, a secretaria de Estado de Comercio asinaba no libro de honra do Concello. Posteriormente realizaban un percorrido polo centro urbano até achegarse ao mercado municipal que grazas a este proxecto será reformado integramente. 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salienta que “é un proxecto global que afecta á totalidade do comercio de Tui”. Engadía que “non podemos esquecer a profunda raíz comercial que ten Tui, é un dos piares fundamentais de desenvolvemento da nosa economía”

 A concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez, indica que este é un proxecto “ilusionante, necesario e de futuro”, e lembra coma viñan traballando nesta actuación dende o inicio do mandato. Explica amais que é froito do estudo do tecido comercial e do propio mercado municipal. Afirmaba que “o proxecto vai darlle ao tecido comercial o impulso que necesita” e vai converter a praza “nun mercado do século XXI, no mercado que Tui, a cidadanía e os visitantes merecen”.

A secretaria de estado de Comercio, Xiana Méndez, salientou que este é un “proxecto holístico que cubre todo o que se pedía na convocatoria: modernización, economía circular, reciclaxe, transformación dixital, transformación do punto de venda, formación, e trazabilidade para reforzar a calidade e a percepción do produto local”.  Destacou amais coma no mesmo “van da man o comercio e a produción local.

A delegada do goberno, Maica Larriba, indicaba que este é “proxecto ilusionante dun calado amplísimo de modernización dun espazo de mercado”.  Subliñou amais que “vai marcar un antes e un despois para a cidade de Tui, e unha aposta de futuro para recuperar a historia do comercio tudense”.

A execución deste proxecto suporá  a modernización e actualización do Mercado Municipal, na rúa Maristas, xa que transformará tanto o seu aspecto exterior coma interior.  No exterior contémplase  unha praza exterior cuberta, e no interior os postos convivirán con novos usos coma un espazo gastronómico, zonas de lecer ou usos múltiples. O mercado gañará en confortabilidade e eficiencia enerxética coa aplicación de sistemas de aerotermia e coa mellora da envolvente térmica. Dotarase a todo o espazo de iluminación e calidez, creando percorridos que favorezan a interacción e a compra. Mellorarase a sostenibilidade con illas ecolóxicas modulares para a recollida e separación de residuos, a adhesión á iniciativa Too Good to Go, packaging reutilizable, un área de intercambio e venda de obxecto de segunda man, ou aparcamento para bicicletas.

Máis aló da actuación concreta no edificio do Mercado Municipal o proxecto a executar contempla tamén  a dixitalización do comercio local con campañas de marketing en soportes dixitais, o desenvolvemento dunha aplicación que facilite información sobre o comercio de Tui de xeito integral, un marketplace, ou a análise das tendencias de compra e da competencia do comercio tudense.  

Outro dos puntos nos que se incidirá será na realización dunha plataforma colaborativa con produtores locais e coa implantación dun sistema de códigos QR.

A formación con accións para o manexo da app, web e marketplace, pero tamén de idiomas ou mentoring individual forman parte tamén das accións que se van realizar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí