Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui reivindica os dereitos das mulleres e visibiliza a mulleres tudenses da historia

Tui reivindicou unha igualdade real e efectiva entre homes e mulleres no acto conmemorativo do Día Internacional da Muller.

Tui reivindicou unha igualdade real e efectiva entre homes e mulleres no acto conmemorativo do Día Internacional da Muller.

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Marzo de 2022

Fuente: Concello de Tui

Tui reivindicou hoxe unha igualdade real e efectiva entre homes e mulleres no acto conmemorativo do Día Internacional da Muller.  O edificio dos antigos xulgados, acolleu este evento, que abriu Marta Quintana interpretando “Setestrelo” de Guadi Galego á arpa.

A concelleira de Igualdade, Ana Nuñez, indicaba coma co lema “Dereito a estar, dereito a achegar” reivindícanse os dereitos das mulleres “a ocupar o espazo público na mesma proporción que os homes, o dereito a visibilizar as achegas das mulleres á sociedade”. Engadía que “a igualdade é unha cuestión de calidade da democracia e tamén unha garantía de que benestar se produza para todas as persoas, e non á conta da metade da poboación”.

Explicaba que coa programación elaborada “puxemos o foco de xeito especial en recoñecer e visibilizar a contribución das mulleres na historia” e sinalaba que “queremos impulsar neste mes de marzo a concienciación e sensibilización para acadar a igualdade”.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, lembrou coma reivindicación das mulleres “é unha reivindicación histórica” aludindo orixes desta data.  Indicaba que “a desigualade é unha das fontes que alimenta a violencia de xénero”. Enrique Cabaleiro sinalou que  “dende a administración local debemos desenvolver cantas actividades sexan necesarias para seguir   recordándonos a todos que todos temos o deber  de seguir loitando pola igualdade, porque os homes e as mulleres teñamos os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades sen ningún tipo de discriminación”. Nese senso recoñecía que “que queda un camiño importante por andar”. 

O manifesto deste 8M era lido por cinco mulleres traballadoras do Concello de Tui Ana Román, Alba Martínez, Carmen González, Susana Conde, e Beti Rey  reivindicando “a necesidade de seguir loitando para acadar unha igualdade real entre mulleres e homes; procurando unha sociedade máis feminista, mais democrática” pero tamén reivindicando e lembrando “todo o traballo que as mulleres foron facendo ao longo dos anos e continúan facendo día tras día no presente”. Tamén indicando que “nos eidos político, social, laboral e en todos e cada un deles é preciso loitar polo cambio”. O manifesto tamén recolle que “temos o deber de por en valor todos os logros que día a día están a conseguir centos de mulleres en todo o mundo. Mulleres referentes grazas as cales cada día somos un pouquiño máis libres e un pouquiño máis iguais. Mulleres que loitan dende o espazo público, pero tamén dende o privado”. E alzouse a voz contra a violencia de xénero, que “é a máis extrema manifestación da desigualdade” porque “a violencia de xénero é violencia contra as Mulleres polo feito de seren mulleres”.   Tamén houbo referencia para as mulleres que se atopan en zonas de conflito, con especial referencia ás ucraínas, e se estenderon as reivindicacións non só a esta xornada, senón que a todos os días “até que a sociedade feminista pola que loitamos sexa unha realidade”.

A continuación tivo lugar a presentación do roteiro ilustrado “Camiñando con elas”, enmarcado no proxecto  “O Tui das Mulleres.  A historia non contada”, cun percorrido teatralizado polo conxunto  histórico da man de María Chamadoira caracterizada de arraiana. Nesta ruta dase visibilidade a dez mulleres tudenses dentro do proxecto “O Tui das mulleres”.  Rosa Bahamonde, María Tydeska, Raíñas Dona Urraca, Clara Torres, Josefa Correa, Conchiña Concheiro, Mª Suaréz Sarmiento, Evangelina Jaso, Cándida Rodríguez e Antonia Saravia son as protagonistas desta ruta que se volverá a realizar o domingo 20 deste mes ás 12 h. Para asistir é preciso inscrición previa na Oficina de Turismo.

Un proxecto, “O Tui das mulleres” que explicaba a concelleira Ana Núñez “nace coma un exercicio de recoñecemento, agradecemento e xustiza ás mulleres de Tui”.  No mesmo dáse a coñecer “nomes e vidas de mulleres que contribuíron á historia de Tui pero que son invisibles”.

O programa conmemorativo do Día Internacional da Muller continua mañá co inicio do ciclo de cinema que se celebrará cada mércores deste mes de marzo. Mañá mércores, 9 de marzo, ás 19.30 h no Teatro Municipal proxectarase a película “Serás hombre” de Isabel de Ocampo. A entrada será balde. Ao remata da proxección haberá un coloquio coa directora.

O xoves, 10 de marzo, ás 18 h na Aula da UNED terá lugar a segunda das conferencias dentro programa “Xuntas Aprendemos”. Laura Seara, experta en igualdade e exsecretaria de Estado co título de “A historia do feminismo; das Sufraxistas ao Me Too” falará do feminismo como motor de transformación, crítica social, percorrido histórico, ondas e principais referentes.

Este domingo, 13 de marzo, ás 11 h realizarase a experiencia de escapismo feminista “Estrelas” dende a Praza de San Fernando. Para participar é preciso inscrición previa no formulario dispoñible para descarga en www.tui.gal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí