Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

VENCE PRESENTA A CANDIDATURA BNG DA GUARDA CON ÁNGEL BAZ COMO CABEZA DE LISTA PARA LIDERAR UN GRUPO DE PERSOAS COMPROMETIDAS CO CONCELLO

O cabeza de lista pon como prioridades dinamizar a economía local a través do comercio e do turismo para xerar emprego

O cabeza de lista pon como prioridades dinamizar a economía local a través do comercio e do turismo para xerar emprego

Fecha: 27 de Marzo de 2015

Fuente: BNG - A Guarda

A Guarda, 26 de Marzo 2015.- BNG-Asembleas Abertas presentou a súa candidatura no Concello de A Guarda con Ángel Baz como cabeza de lista para os comicios municipais do 24 de maio, unha candidatura renovada tras un proceso de asembleas abertas á veciñanza do concello que facilitou a incorporación non só de militantes senón tamén de persoas independentes que, sen ter o carné o BNG, apostan polo proxecto político do Bloque para aportar solucións aos problemas do municipio.

O portavoz nacional, Xavier Vence, arroupou a presentación da candidatura subliñando que un "reflexo da cidadanía comprometida, loitadora e honesta" traballadora" que sabe que, "con traballo e ideas, con propostas pensadas en beneficio da xente é posible dar solucións aos principais problemas da Guarda, como o desemprego, a emigración xuvenil ou o esmorecemento do comercio local".

Vence salientou ao propio Ángel Baz como exemplo de persoa emprendedora, bo coñecedor da situación do comercio de proximidade e do sector hostaleiro ao que contribúe a dinamizar, ou a inclusión na lista de Benito Alonso, "capaz de plantarlle cara a prepotencia de Facenda xunto con outros moitos e moitas emigrantes retornados que non dubidan en saír a rúa a defender os seus dereitos". "Con Ángel e Benito, e o resto de compañeiros e compañeiras desta candidatura, a veciñanza da Guarda ten o día 24 de maio a oportunidade de desaloxar ao PP e as políticas de recortes que representa e dar paso a un novo tempo para este concello".


O dirixente nacionalista puxo en valor o proceso de asembleas abertas, "como exemplo real de transparencia e de participación da cidadanía na elaboración da candidatura e das propostas para o concello", e subliñou que o BNG ten dado mostras de que se pode gobernar doutra maneira "a favor da xente, sen recortes, apostando polos servizos públicos, polas prestacións sociais, polo comercio local e pola cultura", e citou como exemplo máis próximo o Concello de Tomiño, "que se ten convertido en referente na comarca baixo o goberno do BNG".

Pola súa parte, Ángel Baz confesouse "emocionado ver a cantidade de xente que nos acompañou neste acto e a ilusión posta nesta candidatura. As continuas mensaxes de apoio e de optimismo recibidos fainos ter máis seguridade aínda neste proxecto político."

O acto foi presentado por Hortensia García, concelleira na Guarda, e contou coa asistencia de innumerable público que arroupou á presentación da candidatura.

O candidato á Alcaldía, Ángel Baz, explicou o proceso de configuración da candidatura mediante Asembleas Abertas: "porque entendemos que ten que ser así, dun xeito democrático e participativo, como se ten que facer política. E así dese xeito democrático e participativo foi como saíu o meu nome e o das persoas que me acompañan na candidatura" afirmou.

O candidato á Alcaldía salientou a necesidade dun goberno na Guarda que sexa quen de entender as verdadeiras necesidades e demandas das veciños e veciños.

Anos de traballo con comerciantes e hostaleiros
"Despois de anos traballando ao lado dos comerciantes, dos hosteleiros, dos mariñeiros, dos deportistas e dos meus veciños penso que sei o que demanda este pobo, e o primeiro que demanda é un cambio, porque día a día perdemos vitalidade, oportunidades e se seguimos así podemos perder mesmo o futuro" comentou.

Sobre os proxectos que a candidatura ten para A Guarda, Baz fixo referencia á necesidade de que o Monte Trega sexa un dos motores que dinamicen a economía local e deixar de desaproveitar as oportunidades que nos brinda. "Ademais de coidar o noso patrimonio A Guarda debe coñecer e estar orgullosa da súa historia, porque no noso pasado temos escrito o noso futuro" engadiu.

A desestacionalización do turismo, a necesidade urxente dun plan de tráfico que permita aos visitantes acceder ao centro da Guarda, o apoio aos sectores produtivos e o pequeno comercio local como fontes de emprego na localidade foron outros dos temas aos que se referiu o candidato.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones