Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

ESPECIAL - O ROSAL RECUPERA O PETRÓGLIFO DE GHORGHALADO

O pasado Sábado tiña lugar a presentación dos traballos de posta en valor e recuperación do entorno deste petróglifo así coma unha andaina

Outro novo petroglifo foi atopado nos pasados días nas proximidades, nunha finca particular, o que asombrou a todos os participantes desta andaina.

Fecha: 14 de Diciembre de 2015

Fuente: Infomiño.com

O pasado Sábado día 12 de Decembro de 2015 tivo lugar a presentación da posta en valor do petroglifo do Ghorghalado, ubicado na parroquia de San Bartolomeu das Eiras no Concello do Rosal.
O acto contou coa presencia de representantes do Concello, Comunidade de Montes, arqueólogos e veciños.
Estas obras de posta en valor significaron a mellora da sinalética do lugar, así coma a creación dunha estructura-pasarela, para poder observar mellor este petroglifo, con cargo ós Proxectos Leader 2007-2013 xestionados polo AGDR MAIV-Baixo Miño.
Este valioso petroglifo foi descuberto no ano 2012 pola veciña Cristina Vaquero e dende entón se viñeron levando a cabo traballos de recuperación baixo a dirección do arqueólogo Antonio Castro Rozados.
O obxectivo da axuda Leader estivo encamiñado a adecuar a zona arqueolóxica, debido ás posibilidades do ben, tanto culturais e patrimoniais como turísticas, acondicionando o entorno, preparando as zonas de acceso, e sinalizando e protexendo o petroglifo. 
Na tarde do pasado Sábado tivo lugar tamén unha andaina na que se coñeceu o petroglifo de Ghorghalado e outros puntos de interese na Parroquia de San Bartolomé das Eiras coa compaña do arqueólogo D. Antonio Castro Rozados. 
Outro novo petroglifo foi atopado nos pasados días nas proximidades, nunha finca particular, o que asombrou a todos os participantes desta andaina. 

www.infomiño.com Fotógrafo:

Jorge Alonso Daldea

Sara Carrera Coímbra

  Fecha: 12 Decembro 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

Ixus 160

Ver album de fotografías aquí    

PRESENTACIÓN

 

ANDAINA

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí