Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta inclúe uns investimentos iniciais por 17,8 m euros para as comarcas do Condado, a Paradanta e Baixo Miño no proxecto dos orzamentos 2023

No Baixo Miño o principal investimento é a continuidade do enlace de Areas da VAP Tui-A Guarda con 6,7 M?, aínda que tamén hai partidas para a mellora do peirao da Pasaxe na Guarda, o plan Rexurbe de Tui ou o PEP do Calvario no Rosal, entre outras

No Baixo Miño o principal investimento é a continuidade do enlace de Areas da VAP Tui-A Guarda con 6,7 M?, aínda que tamén hai partidas para a mellora do peirao da Pasaxe na Guarda, o plan Rexurbe de Tui ou o PEP do Calvario no Rosal, entre outras

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Octubre de 2022

Fuente: Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra

A Xunta de Galicia inclúe uns investimentos iniciais de 17,8 millóns de euros para as comarcas do Condado, A Paradanta e Baixo Miño no proxecto de Orzamentos 2023, segundo revelou hoxe o delegado territorial de Pontevedra, Luis López, durante o acto de presentación territorializada das contas.

“A Xunta de Galicia é a administración que máis inviste, de longo, no sur da provincia, xa que o punto de partida en investimentos sitúase nestes 17,8 millóns de euros, unha contía recollida de xeito específico e nominativo, que xurde do noso compromiso con este territorio e que vaise ampliar con total seguridade a través dos plans, convenios, ordes de axudas ou novos proxectos que xurden ao longo do ano ou con outras obras xa comprometidas como a ampliación do IES Alonso Ríos de Tomiño, por citar só algún exemplo cun importe moi destacado”, manifestou o representante autonómico.

As comarcas do Condado e A Paradanta van roldar, de entrada, os 10 millóns de euros en investimentos con actuacións destacadas na plataforma empresarial PLISAN tanto en Salvaterra do Miño como nas Neves, coas humanizacións e melloras urbanas do Plan Hurbe en Crecente, Arbo e Salvaterra, as obras de saneamento e abastecemento en Salvaterra, Arbo e Ponteareas, a modernización dos centros de saúde de Salvaterra e Crecente ou a reforma da oficina de emprego de Ponteareas, entre outras.

Por outra banda, na bisbarra do Baixo Miño, o principal investimento será a continuidade do enlace de Areas, pertencente á Vía de Altas Prestacións (VAP) Tui-A Guarda, que contará cunha partida de 6,71 millóns de euros no marco da súa execución plurianual. Sen embargo, tamén están previstas outras actuacións, como o reforzo da estrutura do peirao da Pasaxe, na Guarda, o desenvolvemento do programa de rehabilitación e vivenda Rexurbe de Tui ou a mellora hidráulica do río Viladesuso, no Concello de Oia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí