Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O deseño de Pablo Coballes e Anxo Sánchez, gañador do concurso -Mascota da Biblioteca- da Guarda

Entre os diversos deseños que se presentaron durante o mes de setembro, o xurado escolleu como gañador o realizado por Pablo Coballes García e Anxo Sánchez Higuero.

Entre os diversos deseños que se presentaron durante o mes de setembro, o xurado escolleu como gañador o realizado por Pablo Coballes García e Anxo Sánchez Higuero.

Fecha: 22 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Unha das principais novidades da campaña "Vive a Biblioteca 2016/17", para o fomento da lectura no público máis xove da Guarda, foi a creación do concurso "Mascota de Biblioteca". Entre os diversos deseños que se presentaron durante o mes de setembro, o xurado escolleu como gañador o realizado por Pablo Coballes García e Anxo Sánchez Higuero.

A decisión foi tomada o pasado 10 de outubro por un xurado composto por Águeda Súarez Vicente, deseñadora e profesora de pintura; Teresa Espejo Guardiola, Técnica de Cultura do Concello de A Guarda e María Soledad Diz Amil, Bibliotecaria do Concello de A Guarda. O xurado tivo en conta a calidade artística e técnica, así como a adaptación da composición ós obxectivos do concurso como criterios para elixir de entre todas as propostas presentadas a que se converterá a partir de agora na mascota da Biblioteca da Guarda.

Deste xeito, o deseño de Pablo Coballes e Anxo Sánchez será a Mascota de Biblioteca da Guarda, representándoa en diferentes formatos e acompañando a tódalas iniciativas que dende a Biblioteca se realicen. Heraldo, que así se chama a mascota elixida, será presentado en público mañá, sábado 22, na primeira cita dos Contos Contados. Retómase así a cita mensual coa Biblioteca de 11:30 a 12:30, que se inaugura neste curso cunha data adicada á Nosa Biblioteca, con motivo do Día das Bibliotecas que se celebra o vindeiro luns 24 de outubro. Ese día, para conmemorar esta data, todos os que se acheguen ese luns ata a Biblioteca recibirán un libro de agasallo.

Esta primeira data da programación dos Contos Contados, que se estenderá ata o fin de curso, estará amenizado polo contacontos, e tamén haberá un obradoiro de Goma Eva, un Photocall e máis sorpresas. Así mesmo este acto incluirá a entrega do premio á parella gañadora do certame, que consiste nun lote de libros e un agasallo doado pola copistería "COPISTERIUM".

Ademais, para que todos os veciños e veciñas da Guarda podan coñecer a recentemente elixida Mascota da Biblioteca, farase un mural coa axuda de voluntariado xuvenil, que axudará á promoción da Biblioteca durante todo o ano.

A Concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez, quere agradecer a grande participación e colaboración das persoas que presentaron traballos ao certame, así como a colaboración dos centros de ensino. Todos os participantes que o desexen poden retirar os deseños presentados no prazo dun mes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Rellene todos los campos del siguiente formulario y escriba en el cuadro habilitado las letras y/o números que salen en la imagen para contactar de manera más rápida y segura, y así poder resolver sus cuestiones.

    Gracias por su confianza en Infomiño Noticias Baixo Miño
  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones