Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O GALP Ría de Vigo-A Guarda destinou case 600.000 euros a proxectos da súa zona no último ano

A convocatoria de axudas permanece aberta ata o próximo 1 de marzo

A convocatoria de axudas permanece aberta ata o próximo 1 de marzo

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Febrero de 2021

Fuente: GALP Ría de Vigo-A Guarda

O pasado ano, marcado pola irrupción da pandemia da Covid-19 e a crise económica que a acompañou - e que aínda se deixa sentir-, o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo - A Guarda continuou a traballar no fomento do tecido socioeconómico dos municipios da súa área de influencia (Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda). Durante o 2020, esta entidade, encargada de xestionar as subvencións da Consellería do Mar e do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), inxectou 585.643 euros en axudas públicas a once proxectos, seis produtivos e cinco non produtivos, chegando a financiar máis do 80% do investimento total nalgúns casos. Entre os proxectos produtivos están os desenvolvidos por H.Q. Seaweed, S.L. ou por Frigoríficos de Vigo, S.A. que introducen novos procesos na produción, comercialización e distribución dos seus produtos, algas mariñas no primeiro caso e polbo, especialmente, no segundo. En relación á actividade turística vinculada ao mar, hai iniciativas como a de Glamping do Mar S.L. que aposta pola innovación dos servizos de aloxamento turístico co “cámping de glamour”, a creación dun albergue mariñeiro que promocione as actividades e produtos ligados ao sector pesqueiro, o deseño de rutas de pescaturismo a bordo dun barco pesqueiro no ámbito do Parque Nacional Marítimo -Terrestre das Illas Atlánticas ou o desenvolvemento de roteiros turísticos en bicicleta pola costa.

Entre os proxectos non produtivos está a iniciativa ‘Os mares de baixura: unha web para formar e informar’ da Asociación Mar Seguro de Galicia cuxo obxectivo é darlle visibilidade ás oportunidades que ofrece o sector pesqueiro ás novas xeracións. A dinamización da Enseada de Cesantes para a práctica do kitesurf ou aposta da Asociación San Xerome Emiliani pola formación e capacitación en proxectos de economía circular vinculados ao sector pesqueiro da comarca do Baixo Miño son outros dos exemplos. Así tamén, relacionado co coidado do medio, sitúase o plan de recuperación do litoral do Concello de Nigrán consistente nunha batería de accións de mellora patrimonial e ambiental, e o proxecto da Confraría de Pescadores Pedra da Oliveira de Vilaboa para modernizar o sistema de retirada de algas co fin de recuperar as poboacións de especies mariñas. Para as persoas interesadas en desenvolver proxectos vinculados ao mar, a convocatoria de axudas permanecerá aberta ata o vindeiro 1 de marzo. Para máis información sobre os trámites a realizar poden poñerse en contacto co GALP Ría de Vigo - A Guarda nos teléfonos 986 35 81 09, 646 87 31 06 ou enviando un correo electrónico a galp.mar.riadevigoaguarda@xunta.gal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí