Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O IEM e a Plataforma SOS GROBA, co apoio de máis de 60 colectivos, organizan o domingo día 16 unha Marcha Reivindicativa pola Serra da Groba

Convidamos a toda a cidadanía a manifestarse, cumprindo con todas as normas e medidas de seguridade e respectando as distancias e o uso de mascariñas.

Convidamos a toda a cidadanía a manifestarse, cumprindo con todas as normas e medidas de seguridade e respectando as distancias e o uso de mascariñas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Mayo de 2021

Fuente: IEM

Dende ás 11 ata aproximadamente ás 13 h, con saída no Alto da Mata, a uns 200 m do Cortelliño, e cun percorrido curto pola estrada ata o Alto da Groba. Dependendo da climatoloxía, tentarese amosar dende o Alto as posibles afeccións á paisaxe e ao medio ambiente e patrimonio. A xente que non poida camiñar ou teña dificultades,  pode asistir igual en coche ata o Alto e presenciar  a lectura do manifesto e as explicacións que se van dar.

Ante a previsión da Xunta de Galicia de instalar en toda a Serra da Groba 7 parque eólicos con aeroxeradores de máis de 200m de altura e de 5,6 MW, con unha rede de Km de cableado soterrado e polo ar, dependendo dos casos, con antenas meteorolóxicas de 75m de altura e 5 subestacións para a ordenar a produción,  e encamiñala cara a Rede Eléctrica Estatal, en proxectos non contemplados e que irían despois da construción dos parques eólicos e que se fai constar nos avances dos proxectos na Avaliación Ambiental Inicial publicada na páxina da Consellería de Medio Ambiente da Xunta dos proxectos xa en tramitación Albariño, Merendón, O Rosal , Toroña I e Torroña, e que desaparecen da mesma pasados os 40 día de exposición pública. No Plano Eólico de Galicia aínda se contemplan dous parque mais o Torroña III e o Toroña, cuns nomes e dados moi confusos que van variando a medida que a Xunta vai facendo públicos os avances na páxina da Consellería de Medio Ambiente.

Cun fraccionamento intencionado de proxectos, tense previsto a instalación de 44 ou 54 aeroxeradores xigantes (depende de páxina da Xunta que se consulte) que convertirían toda a Serra da Groba nun gran parque industrial con graves afeccións a paisaxe e a orografía da serra e, fundamentalmente, á biodiversidade de fauna e flora que , nalgúns casos xa en perigo de desaparición, e que se vería aínda máis acelerado o alterar brutalmente os ecosistemas.

Os concellos afectados,  e fundamentalmente o de Oia, verían perigar o grande patrimonio natural e patrimonial que posúen e afectaría moi negativamente os proxectos de dinamización cultural e turísticos  que están levando a cabo e a futuros proxectos de recuperación patrimonial, como o do Mosteiro de Oia e a ruta Xacobea pola costa. Unha serra chea de xigantescos aeroxeradores impactando na paisaxe e na orografía, un continuo zunido que se escoitará a kms, dependo da dirección do vento e unha alteración do subsolo e nacentes de auga dos que se abastecen a maioría das traídas de auga veciñais, como as de Viladesuso e Mougás, Belesar e Baíña e todo o encoro de Baíña que abastece a Baiona.

Un modelo especulativo de produción de enerxía sen contar cos veciños  os propietarios dos montes e os concellos,  que no último dos casos, cobrarían unha renda coa  que non cubrirían nunca as perdas derivadas deste modelo tan impactante.

O IEM e a plataforma Serra da Groba, na que están colectivos de todo o Val Miñor e Baixo Miño, Vigo e bisbarra, veñen facendo palestras informativas polas parroquias para explicar os proxectos que se coñecen e os impactos que xerarían, con dados oficiais e cun análise do territorio que coñecen ben por anos de estudo. A Serra da Groba é un museo o aire libre que posúe a maior densidade de xacementos arqueolóxicos da península Ibérica, uns catalogados e moitos outros sen catalogar e que dende o IEM veñen reclamando dende hai máis de 15 anos a súa catalogación. Xa o Parlamento de Galicia no seu  momento aprobara por unanimidade, a unha  proposta para catalogar  a Serra da Groba. Dende aquela non se fixo nada no que respecta o patrimonio cultural nin no natural, ao non catalogar e protexer os humedais e espazos de interese natural que teñen importancia, coa súa inclusión da Rede Natura, tal como demanda a Unión Europea.

Este venres  ás 19 h haberá charla informativa na Guarda e en Belesar, no Colexio Público,  o sábado á mesma hora.

A organización da marcha convidou ás alcadesas e alcaldes dos concellos afectados, como lexítimos representantes dos veciños,   para que participen na lectura do manifesto e apoien o rexeitamento  destes proxectos. Contamos  e esperamos o apoio de todas as corporacións, que xa votaron mocións de rexeitamento nos respectivos plenos,  na loita legal contra esta invasión eólica que nos trae máis perdas que beneficios.

Convidamos a toda a cidadanía a manifestarse, cumprindo con todas as normas e medidas de seguridade e respectando as distancias e o uso de mascariñas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí