Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

82.652 traballadores da provincia de Pontevedra acolléronse ao longo do ano pasado a ERTES

En total, o Goberno pagou prestacións por valor de 190 millóns de euros nos últimos dez meses de 2020 na provincia

En total, o Goberno pagou prestacións por valor de 190 millóns de euros nos últimos dez meses de 2020 na provincia

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Febrero de 2021

Fuente: SubDelegación do Goberno en Po

A subdelegada de Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, reunise por videoconferencia esta mañá coa directora provincial do SEPE, Marta Estrada, para analizar o novo acordo social de prórroga dos ERTE e axudas a autónomos, que estará vixente ata o próximo 31 de maio.


Tal e como informou a directora provincial do SEPE, en Pontevedra no 2020 un total de 82.652 traballadores acolléronse a ERTES. En total, o Goberno pagou prestacións por valor de 190 millóns de euros nos dez últimos meses do ano pasado na provincia.


O novo acordo social, aprobado no mes de xaneiro e que foi publicado o pasado día 27, permitirá a todas as empresas afectadas por restricións que impidan ou limiten a súa actividade solicitar á autoridade laboral un ERTE de limitacións ou impedimentos en idénticos termos de tramitación e requisitos que na anterior normativa. A subdelegada incidiu na importancia deste tipo de axudas que “están dando cobertura a empresas e traballadores, garantindo deste xeito os salarios para eses traballadores e que as empresas non se vexan gravadas durante o período de crise sanitaria con cargas sociais”. Larriba subliñou a importancia deste instrumento, “fundamental para garantir o escudo social”.


As axudas para autónomos supoñen tamén unha gran mellora, xa que segundo explicou a subdelegada, “poderán solicitala todos aqueles profesionais que vexan reducidos os seus ingresos no primeiro semestre de 2021 nun 50 %, e non nun 75 % como ata agora”. A contía destas axudas é do 50 % da base de cotización e incrementarase nun 20 % se o autónomo é membro de familia numerosa. Ademais, serán compatibles con ingresos por valor de ata 1,25 o salario mínimo interprofesional. Estes profesionais
Tal e como informou a directora provincial do SEPE, na actualidade estas axudas están sendo tramitadas na súa meirande parte presencialmente. A día de hoxe, o 95 % do persoal do SEPE está atendendo ao cidadá de maneira presencial e con cita previa nas súas oficinas. Non obstante, todas aquelas persoas interesadas continúan podendo presentar a documentación para a súa tramitación a través da web oficial do organismo.


Descenso do número de traballadores en paro
Larriba analizou tamén xunto a Estrada o dato de desemprego na provincia do mes de xaneiro, que rexistrou unha caída do 2,08%. A subdelegada explicou que estas cifras “están en consonancia cos datos rexistrados en Galicia, onde, ao contrario do que aconteceu a nivel nacional, o paro viuse diminuído. Uns números que evidencian o dinamismo do noso mercado laboral”.


O descenso produciuse en todos os sectores de actividade, destacando a baixada rexistrada entre os traballadores sen emprego anterior e no sector servizos. Este sector rexistrou o 63 % dos novos contratos realizados no mes de xaneiro. Non obstante, dos case 25.000 novos contratos realizados en Pontevedra durante o primeiro mes do ano, o 91 % foron temporais.


Por outra parte, 43.428 persoas reciben algún tipo de prestación por desemprego na provincia, que suma unha nómina de máis de 41 millóns de euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí