Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL CELEBRA O SEU 30º ANIVERSARIO CUNHA EDICIÓN AMPLIADA DO SEU CONCURSO DE XOVES INTÉRPRETES

O certame, nesta edición, contará por primeira vez cunha categoría aberta a participantes de calquera procedencia, de entre 17 e 23 anos.

O certame, nesta edición, contará por primeira vez cunha categoría aberta a participantes de calquera procedencia, de entre 17 e 23 anos.

Fecha: 23 de Marzo de 2016

Fuente: Agrupación Musical do Rosal

A Agrupación Musical do Rosal está de festa, xa que se conmemora este ano o 30º Aniversario da súa fundación. Como xa se anticipou na rolda de prensa que representantes da asociación deron para os medios a principio deste ano, coincidindo co seu concerto solidario a favor de "Conrazones", o colectivo tratará de que este ano se recorde especialmente con moitas actividades.

Entre elas está a III Edición do Concurso de Xoves Intérpretes "Antonio Granja", que se celebrará os días 23 e 24 de abril e terá un carácter moi especial, xa que será a primeira vez que teña aberta unha das súas categorías a xoves participantes (de entre 17 e 23 anos) de calquera procedencia. Aparte de contar nesta categoría cuns atractivos premios (500, 300 e 200 euros), terá o aliciente especial de que o gañador gozará da oportunidade de actuar como solista coa Agrupación nun concerto posterior.

Isto supón un enorme esforzo organizativo e económico para a Agrupación, que tamén conta co apoio, coma sempre, do Concello do Rosal, a Fundación O Rosal e a Comunidade de Montes de Sta. Mariña, aparte de empresas e comerciantes da bisbarra que tamén quixeron colaborar no proxecto. O prazo de inscrición está aberto ata o próximo 18 de Marzo.

Entre outras actividades, as próximas actuacións da banda serán o día 20 de marzo no Auditorio do Rosal, ofrecendo o tradicional concerto do día do Pai, e o 17 de maio, na festa das Letras Galegas que a Agrupación celebra cada ano na Praza do Calvario.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Rellene todos los campos del siguiente formulario y escriba en el cuadro habilitado las letras y/o números que salen en la imagen para contactar de manera más rápida y segura, y así poder resolver sus cuestiones.

    Gracias por su confianza en Infomiño Noticias Baixo Miño
  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones