Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A alianza entre Turismo de Galicia e Terras Gauda conecta a vangarda artística internacional coas rutas dos viños galegos

As deseñadoras Marina Mun (Kazakhstan) e Maria Nolepa (Polonia) son as autoras das pezas gráficas gañadoras

As deseñadoras Marina Mun (Kazakhstan) e Maria Nolepa (Polonia) son as autoras das pezas gráficas gañadoras

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Julio de 2022

Fuente: Xunta de Galicia

A alianza entre Turismo de Galicia e Terras Gauda conecta a vangarda artística internacional coa promoción das rutas do viño galego. Os finalistas e premiados da Bienal Internacional de Cartelismo – Concurso Francisco Mantecón enviaron 63 carteis a este certame, procedentes de catorce países de todo o mundo.

O xurado, presidido por Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, e do que formaron parte os deseñadores Javier Mariscal, e Marcelo Ghio, director de Experimenta, ademais de Santiago Bacariza, xefe de Área de Produto de Turismo de Galicia, xa se reuniu para as deliberacións e designou os carteis premiados, cunha dotación económica de 5.000 € cada un.

A deseñadora de Polonia, Maria Nolepa, quen tamén logrou o 1º Accésit da Bienal de Terras Gauda neste 2022, foi unha das galardoadas. De Kazakhstan procede o outro cartel premiado. Neste caso, asinado pola artista gráfica Marina Mun.

Ambas formaban parte do elenco de 48 finalistas e premiados desta última edición do Concurso Francisco Mantecón, no que participaron 1.249 carteis de 64 países dos cinco continentes.

Coas pezas gráficas propostas polas deseñadoras de Polonia e Kazakhstan, Turismo de Galicia promocionará as 12ª e 13ª Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño das cinco denominacións de orixe galegas: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras. Unha iniciativa turística que se celebra anualmente.

15 anos de Bienal: máis de 20.000 carteis de 100 países

Máis de 20.000 carteis de 100 países participaron nas 15 primeiras edicións da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda – Concurso Francisco Mantecón, afianzada como a de maior envergadura convocada por unha entidade privada en todo o mundo.

Consagrados deseñadores gráficos e ilustradores, estudos de deseño, estudantes e profesores de universidades dos cinco continentes teñen concursado, confirmando o alcance e a pluralidade tanto xeográfica como do perfil de participantes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí