Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Asociación Vontade co seu programa de Atención Temperá, presta servizo a máis de 22 nenos e nenas da comarca do Baixo Miño

Este programa foi cofinanciado pola Xunta de Galicia coa concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social

Este programa foi cofinanciado pola Xunta de Galicia coa concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Junio de 2022

Fuente: Asoc. Vontade

Este programa foi cofinanciado pola Xunta de Galicia coa concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) e xestionado pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

 

Na comarca do Baixo Miño existe un recurso destinado a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade ofertado dende a Mancomunidade. Este servizo conta con profesionais das áreas de Psicoloxía, Logopedia e Fisioterapia. Vontade apoia e complementa este recurso de Atención Temperá co servizo de Terapia Ocupacional, do que se están a beneficiar máis de 22 nenas e nenos. A finalidade do mesmo é proporcionar tanto ás familias como á infancia con dificultades do desenvolvemento ou con risco de padecelas, a mellor atención posible e acadar a máxima autonomía na realización das distintas actividades da vida diaria.

Para poder levalo a cabo, este servizo de Terapia Ocupacional ofertado pola Asociación Vontade, conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia dunha contía total de 20.000€ procedentes da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7€ do IRPF, a cal é xestionada dende COGAMI.

Existe unha necesidade real  de traballar dende un enfoque proactivo, dende a prevención e actuación precoz para poder reducir ou evitar a aparición de futuras discapacidades, así como fomentar a autonomía e benestar dos nenos e nenas.

Vontade é unha a asociación sen ánimo de lucro que nace en 2003 ante as necesidades comúns de servizos especializados demandados por persoas con discapacidade da comarca do Baixo Miño. Dende a entidade traballamos por defender os dereitos deste colectivo ofrecendo os recursos precisos para fomentar a autonomía e autorrealización persoal e a inclusión social. Dende o noso centro de recursos para persoas con discapacidade situado en Tomiño, ofrecemos distintos servizos (Centro diúrno-terapéutico, atención á infancia, información e asesoramento, terapias individualizadas, etc.) dende as seguintes áreas profesionais: Educación Social, Fisioterapia, Logopedia, Psicoloxía, Terapia Ocupacional e Traballo Social.

Grazas ás persoas contribuíntes que están a marcar ou marcaron a X Solidaria na declaración da renda, no recadro “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”, proxectos como o de Vontade son posibles e poden seguir apoiando ás persoas na consecución dos seus obxectivos de vida.

A Asociación de persoas con Discapacidade Vontade atópase situada no barrio A Rocha 19B en Tomiño, 36740. Pódese contactar connosco no número de teléfono 986.62.30.44 ou no enderezo electrónico info@vontade.org. Tamén se pode ter acceso a máis información na nosa páxina web www.vontade.org ou no noso perfil de Facebook @Asociación.Vontade

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí