Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A ausencia de test para detectar a covid, detrás dos contaxios entre o persoal de ambulancias da área de Vigo

A CIG leva meses denunciando a falta de medidas de prevención por parte de Ambulancias do Atlántico-Grupo Orthem

A CIG leva meses denunciando a falta de medidas de prevención por parte de Ambulancias do Atlántico-Grupo Orthem

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Noviembre de 2020

Fuente: CIG

A ausencia de test para detectar a covid e a falta de medidas de seguridade está detrás dos últimos contaxios detectados entre o persoal do servizo de transporte sanitario urxente da área de Vigo, tal e como denuncian os delegados/as da CIG. De feito, a central leva mesas alertando da escaseza de medidas de prevención por parte da empresa concesionaria, Ambulancias do Atlántico-Grupo Orthem.


Unha decena de traballadores/as do 061 de Vigo e Moaña atópanse illados tras os dous positivos por covid rexistrados na base de Moaña. O primeiro caso confirmouse a finais da semana pasada, “pero como dende abril só nos fixeron unha proba serolóxica o positivo non se detectou con rapidez e o técnico afectado contaxiou a outra compañeira”, segundo denuncian os delegados/as da CIG no servizo de transporte sanitario urxente.


De feito, sosteñen que a empresa “non fixo nada” e que foron os propios/as afectados/as os que tiveron quecontactar con Atención Primaria e cos servizos sanitarios autonómicos.


Tanto o número de positivos como o de illados podería incrementarse nas próximas horas, tendo en conta que cando menos un dos contaxiados participou nunha xornada de formación da empresa xunto a outros/as compañeiros/as. Con todo, a empresa mantén unha política de opacidade e o servizo de prevención non informa os representantes sindicais.

Ao mesmo tempo, sinalan que esta situación é consecuencia da falta de medidas de seguridade por parte da concesionaria, tal e como veñen manifestando dende o mes de marzo con denuncias diante da Inspección de Traballo. Entre elas, a falta de limpeza dos centros de traballo (labores que non se fan a diario), o feito de que nos tempos de descanso teñan que compartir habitación (o que lles obriga a durmir coa máscara posta) e a ausencia de EPI axeitadas, como máscaras FPP3 para determinadas circunstancias.
Hoxe mesmo mantiveron unha xuntanza coa Inspección na que a autoridade laboral lles confirmou que existe un “atasco importante” para darlle resposta a estas denuncias, “aínda que nos asegurou que se puxo xa ao tema”. Con todo, trasladáronlles que carecen de competencias para obrigar as empresas a levar a cabo test entre o seu persoal.


“Detrás de todo isto o que se agocha é o intento da empresa de aforrar custes, que é o mesmo que busca o Sergas cando subcontrata o servizo; semella que dá igual o que nos pase porque non somos persoal do Sergas senón dunha empresa concesionaria”, lamentan.


Neste senso, lembran que aos traballadores/as dos centros sociosanitarios, de urxencias dos hospitais e das plantas con pacientes covid si que se lles realizan probas de control periódicas mediante o método diagnóstico pooling, ao igual que se fai en empresas como Citroën ou Ence. “Pero o que prima é a produtividade, e como nós non producimos nada pois non importamos”.


E non se lles someten a probas a pesar de que teñen contacto cos mesmos pacientes ca estes colectivos profesionais e que en moitas ocasións “temos que atendelos en espazos hostís, como en domicilios sen desinfectar ou con xente ao redor que incluso está sen máscaras, e practicamos probas en habitáculos reducidos que xeran aerosois”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí