Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Biblioteca de Tui celebra o -Día das escritoras- cun encontro con Conchi Regueiro e María José Areal

As dúas escritoras da Eurocidade ofrecerán a súa visión da creación literaria e do papel da literatura, especialmente a creada por mulleres

As dúas escritoras da Eurocidade ofrecerán a súa visión da creación literaria e do papel da literatura, especialmente a creada por mulleres

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Octubre de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

A Biblioteca Pública Municipal de Tui celebra o vindeiro luns, 18 de outubro, o “Día das escritoras” coa celebración dun encontro de dúas escritoras Conchi Regueiro e María José Areal no que nos ofrecerán a súa visión da creación literaria e do papel da literatura, especialmente a creada por mulleres. Este encontro terá lugar na Biblioteca Municipal tudense ás 20 h.

María José Areal é unha escritora de Valença cunha ampla traxectoria, especialmente no ámbito poético, a súa última obra é  “Assim me deito, Assim me levanto”, profesora xubilada é tamén a coordenarida do Club de Lectura “Chá con Palavras” de Valença, así como dos de Caminha e Vilanova de Cerveira

Outras obras súas son: Pedaços de mim, -1999 – Poesia, À deriva, -2004 – Poesia, Sabor a sal e a mel, - 2006 – Poesia, Coordenadora e Co-autora dos Vol. I e II de “Pedaços de memórias – Itinerários no Tempo e no Espaço”, - Narrativas - 1999/2000, Na eira dos pardais, - 2014 – Contos, Há dias que não sei de mim e outros que pouco de mim sei, - 2015 – Poesia ou Rendas do meu decote, - 2016 – Contos.

Conchi Regueiro (1968) posúe unha ampla obra literaria, tanto en galego como en castelán. A súa obra está realizada dende unha perspectiva feminista. A súa primeira publicación, en galego, en 2002 foi unha novela para adultos Tempos agradables, continuando logo unha ampla traxectoria literaria tanto de libros de xénero non realista, ciencia ficción e fantasía, tamén para o público infantil e xuvenil con obras como  Un marciano neste mundo (2004), O tesouro das ánimas (2011),  A herdanza do marqués (2009), e a súa continuación A cerna do segredo (2014). Ten publicadas más de quince obras e foi gañadora de diversos certames literarios.

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. Como en edicións anteriores, a data elixida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VI Edición celébrase este ano 2021 o 18 de outubro baixo o lema "Ler as idades da vida". Marifé Santiago Bolaños, é a comisaria esta VI Edición do Día das Escritoras 2021. "Os libros escríbense só para unha lectora, a que os fai estar de novo cando os le. Por iso, a escritura vai dando conta das idades da vida e permítenos elixirnos, recuperarnos e soñarnos entre as páxinas dos libros. Dos libros que lemos, dos que leremos. Dos que se escribiron para nós, aínda que non os atoparamos aínda."

Esta actividade enmárcase na programación do “Mes da Biblioteca” que organiza a Biblioteca Municipal tudense. Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, é unha magnifica oportunidade para visionar o papel da muller no ámbito da creación cultural e a achega que realizan á vida colectiva dende a creación literaria. Unha oportunidade, engade, para achegarnos a coñecer a súa obra e motivación e para animar aos novos valores literarios que existen no noso municipio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones