Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A CIG denuncia a -situación extrema- na que se atopan os centros de saúde do Baixo Miño por falta de persoal

Dende a central sindical apostan por mellorar as condicións laborais e por estabilizar o emprego para atraer profesionais

Dende a central sindical apostan por mellorar as condicións laborais e por estabilizar o emprego para atraer profesionais

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Julio de 2021

Fuente: CIG

A CIG-Saúde de Vigo vén de denunciar publicamente a “situación extrema” na que se atopan os
centros de saúde da comarca do Baixo Miño como consecuencia da falta de persoal. Dende a central
sindical apostan por mellorar as condicións laborais e estabilizar o emprego para atraer profesionais,
xa que dos 16 residentes que completaron a súa formación na zona este ano só tres continuaron o
seu labor nela.
Como consecuencia desta situación, onte mesmo o centro de saúde do Rosal só contou cunha
médica, situación que se vén repetindo no últimos mes en varias ocasións. “A situación é grave, xa
que ten que asumir a asistencia dun concello de máis de 6000 persoas, que no verán ve aumentada a
súa poboación”. Isto provoca que no caso de ter que asistir a algunha urxencia que requira ir
acompañada ao hospital, a localidade quedaría sen persoal médico arredor de dúas horas debido á
lonxanía do hospital.
Por iso na CIG consideran que a sobrecarga de traballo do persoal coloca o centro nunha situación
insostíbel, “máis cando se sabe que non se trata dun problema puntual, senón que se vai repetir
durante o verán”.
Sinalan que algo semellante está a acontecer no centro de saúde de Oia, no que un único facultativo
ten que atender as dúas ausencias das médicas da localidade. Neste centro, un único médico pode
estar atendendo en torno a 75 consultas, entre programadas e as urxentes, “situación que se ten visto
agravada nos últimos días pola situación sanitaria do concello”.
Isto está a traducirse nun aumento das asistencias do servizo de ambulancias da zona e do PAC da
Guarda, “este último que por primeira vez en anos non conta con reforzo de costa”. Así que no caso
de ter que asistir a unha emerxencia fóra do centro a partir das 21:00 horas a poboación da Oia, O
Rosal e A Guarda queda sen persoal sanitario na zona. “Hai que lembrar que o PAC dá asistencia a
preto de 20000 persoas dos tres concellos, poboación que experimenta un aumento significativo no
verán”.
Deterioro da Atención Primaria
A CIG-Saúde cualifica de” preocupante” a situación e incide en que a solución pasa por mellorar as
condicións laborais das profesionais. “É significativo que de 16 residentes que remataron a súa
formación na zona este ano só tres continuaron o seu labor nela por un descontento xeneralizado nas
condicións ofertadas pola Xerencia”.
Por iso apostan por estabilizar o emprego cunha OPE que saque todas as prazas necesarias para ter
os centros cubertos co persoal necesario para asegurar unha asistencia digna “e para atraer de novo
as profesionais que levan anos buscando mellores condicións noutras comunidades autónomas ou
noutros países”.
Finalmente, lembran que as Plataformas na Defensa da Sanidade Pública da Guarda e do Rosal
veñen alertando nas últimas semanas sobre as deficiencias dos centros e sobre o deterioro constante
da Atención Primaria nestas localidades, “así como reiterando a reivindicación histórica de dotar o
PAC cun dobre equipo”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí