Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A CIG-Saúde convoca folga na atención primaria do Baixo Miño para reclamar máis persoal e contratos dignos

O paro desenvolverase nos centros de saúde e nos PAC dos concellos da Guarda, Oia e O Rosal do 21 ao 24 de decembro

O paro desenvolverase nos centros de saúde e nos PAC dos concellos da Guarda, Oia e O Rosal do 21 ao 24 de decembro

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Diciembre de 2021

Fuente: CIG

A federación de Saúde da CIG de Vigo vén de anunciar a convocatoria dunha folga do 21 ao 24 de
decembro ante a grave situación na que se atopa a atención primaria do Baixo Miño. Con este paro,
que se desenvolverá nos centros de saúde e nos PAC dos concellos da Guarda, Oia e O Rosal, a
central quere reclamar máis persoal e contratos estables e dignos.
Segundo explican dende a CIG-Saúde, a esta folga está chamado todos/as os traballadores/as de
cada unha das categorías laborais que prestan servizos nos centros de saúde e nos Puntos de
Atención Continuada do Sergas nestas localidades, incluído o persoal residente. E desenvolverase
dende as 8:00 horas do 21 de decembro até as 8:00 horas do día 24 do mesmos mes.
Con esta medida de presión a central sindical quere poñer de manifesto diante da Administración
sanitaria e da opinión pública a preocupación pola situación que se está a vivir no conxunto da
atención primaria, “que se manifesta con especial gravidade nos tres concellos que forman o ámbito
dunha convocatoria coa que pretendemos que se abra un marco de negociación coa Xunta para
conseguir unha atención primaria digna”.
Na CIG-Saúde consideran “irrenunciábeis” unha serie de cuestións, como a necesidade de aumentar
o persoal mediante a convocatoria inmediata de todas prazas necesarias en todas as categorías, “non
só estabilizando as actuais con contratos precarios, senón tamén incorporando novas prazas en
función da análise de necesidades co obxectivo de diminuír as ratios actuais de pacientes por
profesional”.
Outra demanda pasa por que se fagan contratos “estábeis e dignos” que permitan dar cobertura ao
100% das ausencias para garantir unha prestación asistencial de calidade e rematar coa situación de
“penosidade e precariedade” actual.
Tamén solicitan a dotación dun segundo equipo de medicina de familia e enfermería no PAC da
Guarda para garantir unha prestación asistencial segura e de calidade tanto para pacientes como
para profesionais, “tendo en conta as características xeográficas e socio demográficas da poboación
atendida”.
Finalmente, reclaman o establecemento de incentivos que permitan atraer e estabilizar profesionais
na atención primaria do ámbito rural que teñen demostrado a dificultade de cobertura.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí