Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A CIG Saúde de Vigo denuncia a situación da atención primaria

A CIG Saúde de Vigo denuncia que a situación da atención primaria esta a voltarse insostible nos centros da Área de Vigo

A CIG Saúde de Vigo denuncia que a situación da atención primaria esta a voltarse insostible nos centros da Área de Vigo

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Agosto de 2021

Fuente: CIG

A situación que era xa difícil previa a pandemia ten empeorado aínda mais de xeito progresivo ate a actualidade. Nestes momentos coincidindo co dereito as vacacións do persoal e a 5ª onda da COVID, con gran repercusión na atención primaria unha situación insostible.

Centros ao 50% do persoal sanitario por derivado de vacacións, baixas ou outros permisos, listas de espera que superan os 15 dias e incluso chegan ao mes, persoal administrativo sobrepasado polo aumento da carga administrativa derivada de tramites de chave 365 ou relacionadas coa COVID e a vacinación, aumento de situacións de violencia ou agresións, axendas médicas que superan as 60 persoas e que nalgúns profesionais teñen chegado ou superado os 80, xornadas que se prolongan mais de dúas horas do remate da xornada,…

A todo isto hai que sumarlle a situación coa que nos atopamos o martes 3 de agosto de 2021 no Centro de Saúde de Oia e Pazos de Borbén sen persoal facultativo no seu centro e vendo derivada a asistencia urxente á Guarda e Fornelos ou SAP de Redondela respectivamente, e incluso ao 061. Esta situación é posíbel que se volte repetir nos vindeiros dias. Cabe dicir que ambos centros A Guarda e Redondela están moi  mermados de persoal e con listas de agarda que superan os 15 dias, e o de Fornelos só conta cun único facultativo.

A situación no Centro de Saúde no Rosal non é moito mellor onde o dia 2 de agosto de 2021 unha soa médica quedou ao frente dun centro de saúde que conta con tres cupos e que levan atendendo ate 80 doentes nun dia na pasada semana.

Desta situación non fomos informados a representación das traballadoras, e as traballadoras dos centros afectados a coñecían dun dia para outro.

Esta brutal sobrecarga de traballo está a afectar a saúde das traballadoras.

O traballo nos centros de saúde e no hospital foise sustentando en toda a pandemia (incluso antes) na entrega das profesionais dos centros, que fomos vendo como se vían mermados aínda mais os nosos dereitos, vendo condicionados os nosos permisos e vacacións, incluso os ligados a conciliación familiar

Como diciamos esta situación non é nova e ven derivada das políticas de recortes na atención primaria e que derivou na fuga de persoal sanitario a outras comunidades e outros países.

Compre mudar totalmente as políticas sanitarias dotando de medios e persoal estábel os centro de traballo e investindo nunha Atención Primaria tan necesaria como primeiro acceso a poboación, dar os recursos e tempo necesario para poder dar a atención digna que queremos para os nosos doentes, dotar as Xerencias de Atención Primaria de recursos propios para xestionar as necesidades de cada centro. En definitiva ter medios suficientes para poder afrontar unha calidade asistencial digna para os doentes e en condicións dignas para as profesionais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí