Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A CIG-Saúde xa advertira antes da pandemia do colapso da Atención Primaria de Vigo por falta de medios

Na central lembran que a escaseza de recursos foi contestada con folgas e mobilizacións e instan a tomar medidas para reconstruir este servizo

Na central lembran que a escaseza de recursos foi contestada con folgas e mobilizacións e instan a tomar medidas para reconstruir este servizo

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Enero de 2022

Fuente: CIG

A federación de Saúde da CIG de Vigo lembra que xa antes da pandemia da covid advertira sobre a
posibilidade de colapso da Atención Primaria por falta de medios, colapso que agora vén de confirmar a
propia Xerencia da área sanitaria. Esta escaseza de recursos fóra contestada ademais de xeito
contundente con folgas e mobilizacións masivas nas rúas.
Dende a central sindical inciden en que a actual situación da Atención Primaria na área sanitaria viguesa
non é nova, “até o punto de que xa antes da covid tiñamos denunciado que era preciso tomar medidas
urxentes para evitar o seu colapso, situación que foi contestada con folgas e mobilizacións”.
Agora a Xerencia da área sanitaria vén de comunicarlle aos profesionais a decisión de restrinxir a
actividade nas consultas de medicina de familia de 14 centros de saúde, nos que só se atenderán
consultas urxentes e as relacionadas coa covid.
“Esta decisión, que non foi lle comunicada á representación das traballadoras/es, supón asumir unha
realidade que xa se estaba a producir. Polo tanto, non será un problema desprogramar neses centros a
actividade programada, pois case era inexistente por falta de recursos; de feito, xa hai tempo que as
actividades que aportan calidade ao sistema sanitario foron substituídas pola atención ás demandas do
día a día”, denuncian dende a CIG-Saúde.
Restablecemento da normalidade asistencial
Por iso dende a central sindical pregúntanse que medidas pensa adoptar a Xerencia para restablecer a
normalidade asistencial nos centros de saúde, recuperando a totalidade das funcións da Atención
Primaria, “que van máis alá de atender urxencias e pacientes covid; e non vale a desculpa da falta de
profesionais, porque hai xa cinco anos sabiamos que isto ía suceder e non se tomaron medidas para
evitalo”.
Finalmente, sosteñen que é hora de escoitar as profesionais, desenvolver un plan para recuperar a
Atención Primaria e dotala de estruturas de xestión e orzamento axeitado. “Só así poderemos saír do
colapso e recuperar a Atención Primaria como un espazo de traballo atractivo para profesionais, que
permitiría recuperar os que se forman en Atención Primaria e rematan traballando noutros ámbitos”.
Isto faría posíbel tamén “reconstruír” a Atención Primaria como un espazo “accesíbel e confortábel” para
os pacientes, “recuperando a confianza nas súas profesionais”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí