Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A conferencia de Albino Prada centra a segunda xornada do ciclo sobre Rosendo Salvado

O profesor da Universidade de Vigo disertará sobre -Rosendo Salvado entre os séculos XIX e XXI-

O profesor da Universidade de Vigo disertará sobre -Rosendo Salvado entre os séculos XIX e XXI-

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Mayo de 2022

Fuente: Concello de Tui

O martes, 31 de maio, continua o ciclo de actividades organizado polo Concello de Tui en torno a figura do bispo tudense, Frei Rosendo Salvado.

Nesta xornada terá lugar unha conferencia do profesor de economía da Universidade de Vigo, Albino Prada Blanco, titulada "Rosendo Salvado entre os séculos XIX e XXI". Será na Aula Uned de Tui (antigo convento de San Domingos na rúa Antero Rubín).

Albino Prada Blanco é doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago e profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo. Foi membro do Consello Galego de Estatística, do Consello Económico e Social de Galicia e do Consello da Cultura galega. Columnista habitual de La Voz de Galicia. Autor de varios libros, entre eles o dedicado a Fr. Rosendo Salvado titulado “Crónica desde el país de los sin alma. Rosendo Salvado en Australia (1846-1899)”e innumerables artigos.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, expresa o seu desexo que este ciclo contribúa ao coñecemento da figura de Frei Rosendo Salvado, superando os tópicos que aínda o rodean, e a súa excepcional obra que nos enorgullece como tudenses e como galegos.

O programa de actividades previsto é o seguinte:

  • Martes, 31 de maio, ás 20.30 h na Aula da UNED
    • Conferencia de Albino Prada Blanco, profesor da Universidade de Vigo: "Rosendo Salvado entre os séculos XIX e XXI"
  • Mércores, 1 de xuño, ás 19 h con inicio na casa natal na rúa Bispo Salvado nº7
    • Visita guiada por lugares tudenses relacionados con Rosendo Salvado
  • Xoves, 2 de xuño, ás 20.30 h na Aula da UNED
    • Mesa redonda sobre Rosendo Salvado e a música.
    • Participan:
      • Montserrat Capeláns, profesora Universidade de Santiago de Compostela
      • Andrea González, pianista e interprete do disco
    • Modera: Tomás Camacho, músico e director xubilado do Conservatorio Superior de Música de Vigo
  • Venres, 3 de xuño, ás 21 h no Teatro Municipal
    • Concerto – presentación do disco “Salvado - Piano Works” de Andrea González
  • Sábado, 4 de xuño, ás 21 h no Teatro Municipal
    • Proxección do documental “De Rosendo a Rosendo” (2018) dirixido por Cesar Espada.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí