Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A demanda de praza para ciclos de formación profesional medra un 9,5% para o vindeiro curso

Na convocatoria de xullo rexistráronse un total de 42.800 solicitudes fronte ás 39.000 do curso pasado, cunha dinámica á alza que se dá en modalidades formativas tanto dos ciclos medios coma dos superiores

Na convocatoria de xullo rexistráronse un total de 42.800 solicitudes fronte ás 39.000 do curso pasado, cunha dinámica á alza que se dá en modalidades formativas tanto dos ciclos medios coma dos superiores

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Julio de 2021

Fuente: Xunta de Galicia

A demanda de praza para cursar Formación Profesional en Galicia o vindeiro curso aumenta un 9,5% con respecto á demanda do curso que acaba de rematar, unha dinámica alcista que se mantén en todas as modalidades formativas (ordinaria, dual, réxime de adultos presencial e a distancia e curso de especialización) tanto dos ciclos medios coma dos ciclos superiores.

 

Así pois, na convocatoria de xullo -e a falta de pechar os datos da convocatoria de setembro- lévanse rexistrado un total de 42.810 peticións fronte ás 39.097 do curso pasado. Cómpre destacar a alta demanda para cursar os cursos de especialización (másteres) de Formación Profesional que se multiplica por catro ao pasar das 102 solicitudes do ano pasado ás 435 para o vindeiro curso.

 

Tamén é significativa a demanda para cursar a modalidade de FP Dual en grao medio (cun incremento do 37,2%) e de grao superior (cun 27,6% máis). No caso da modalidade ordinaria, aumenta nun 3,4% a solicitude de prazas para ciclos de grao medio e nun 5,8% para ciclos de grao superior, unha dinámica alcista que en ambos casos se ven mantendo ao longo dos últimos catro anos. Esta mesma liña ascendente séguese tamén para as ensinanzas de réxime de adultos, tanto presencial como a distancia e para FP media e superior.

 

Oferta reforzada en másteres e FP Dual

Para atender a esta demanda, a Xunta de Galicia poñe en marcha unha oferta de FP ampliada tanto no que atinxe ao número de prazas como aos ciclos ofertados e, sobre todo, con especial reforzo no que atinxe aos másteres de FP e á FP Dual.

 

De feito, para o próximo curso a Consellería de Cultura, Educación e Universidade oferta un total de 13 cursos de especialización diferentes distribuídos en 27 grupos, con 540 prazas en 21 centros das sete cidades galegas (e no CIFP Universidade Laboral de Culleredo) que se circunscriben a áreas de futuro como a implementación de redes 5G, a intelixencia artificial e big data, entre outros.

 

No que respecta á FP Dual, hai en marcha 163 proxectos (99 deles son novos) en 57 centros grazas á colaboración con 571 empresas, e en sectores tan diversos como o agrario, o comercio e marketing, a fabricación mecánica ou a hostalería.

 

En canto aos réximes ordinario e modular para adultos nos centros públicos ofértanse 29.950 prazas en primeiro curso en 1.163 ciclos e programas formativos autorizados (o que supón 47 ciclos e 1.364 prazas de nova creación nas catro provincias). Delas, 21.912 forman parte do réxime ordinario 8.402 en grao medio, 9.370 en grao superior, 3.600 en FP Básica e 540 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa–, mentres que outras 4.388 son do réxime modular para persoas adultas 2.156 grao medio e 2.232 en grao superior–, e 3.650 do réxime modular a distancia 1.150 en grao medio e 2.500 en grao superior–.

Este incremento é posible ao abeiro da creación de tres novos centros integrados –CIFP Universidade Laboral, de Culleredo, CIFP Leixa, en Ferrol, e CIFP Fraga do Eume, en Pontedeume– e do reforzo das prazas a distancia para facilitar que as persoas traballadoras melloren a súa cualificación profesional. De feito, os tres novos CIFP (cuxo decreto de transformación publica hoxe o Diario Oficial de Galicia) concentran un incremento de sete novos ciclos e 262 prazas, reforzando a especialización da súa oferta, e na FP a distancia o incremento é de 12 ciclos e 600 prazas.

 

Ademais, poderán cursarse por primeira vez en Galicia os ciclos básico en Acceso e conservación en instalacións deportivas, o medio en Guía no medio natural e de tempo libre e o superior en Organización e control de obras de construción.

Instrucións para cursos de especialización

Por outra banda, o Diario Oficial de Galicia vén de publicar, ademais, as instrucións para o desenvolvemento dos cursos de especialización de formación profesional no ano académico 2021-2022. Nelas recóllense cuestións como a metodoloxía e organización, a duración dos cursos, o seu horario -coa finalidade de facilitar a formación de persoas traballadoras ou con cargas familiares, impartiranse en horario de tarde e de noite- ou como se debe realizar a avaliación, entre outras cuestións.

 

Así mesmo, establécese que, atendendo á alta especialización dos másteres de FP, á incorporación no seu currículo de competencias de sectores produtivos emerxentes e á súa organización específica, o equipo docente dos cursos de especialización contará cun plan de formación continuo e específico, en colaboración con empresas, institucións, institutos de investigación, etc., fundamentalmente do contorno galego. Asemade, estes cursos de especialización poden incorporar un módulo de Formación en centros de traballo (FCT).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones