Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación achega 250.000 ? a 144 entidades de 42 concellos da provincia para promover e fomentar actividades culturais

As axudas servirán para financiar eventos que contribúen a difundir, manter e recuperar a cultura e tradicións da provincia de Pontevedra

As axudas servirán para financiar eventos que contribúen a difundir, manter e recuperar a cultura e tradicións da provincia de Pontevedra

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Julio de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

O goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión da liña de subvencións destinadas ao fomento de actividades culturais que este ano beneficiarán a 144 entidades de 42 concellos da provincia cun investimento de 250.000 €. Serán 17 entidades máis que o pasado ano.

 

Estas achegas servirán para contribuír a difundir, manter e recuperar a cultura e tradicións da provincia, poñendo en valor o patrimonio inmaterial propio das vilas e comarcas, ben sexan costumes, tradicións, etnografía, crenzas ou mitos. Tamén para desenvolver festivais, mostras, encontros e certames culturais, así como certames e actividades de posta en valor da pintura, escultura, arquitectura e banda deseñada ou para intercambios culturais para potenciar o patrimonio musical fóra de Galicia.

 

A comarca de Vigo, con 50 entidades beneficiadas de Vigo, Gondomar, Baiona, Redondela, Salceda, Mos, Nigrán e O Porriño, recibirá 100.000 € para a posta en marcha de festivais internacionais e folclóricos, festas do/a socio/a, semanas e ciclos culturais, xornadas micolóxicas, xornadas de videoxogos e literatura, festivais de corais e folclóricos, certames de bandas, festivais de curtametraxes, exposicións, maratóns fotográficos, encontros de pandeireta, concertos, teatro, certames de humor, rodaxes de curtas, murais artísticos, festivais de danza moderna, concursos de canto e percusión tradicional, certames culturais, encontros de poesía, mesas de debates, actividades de cinema na rúa ou certames internacionais de regueifas.

 

19 entidades do Morrazo (Cangas, Bueu e Moaña) recibirán 24.000 € para xornadas de cinema, enxalzar as alfombras florais como manifestacións de arte efémera, para certames de música e festivais musicais e folclóricos, xornadas sobre o patrimonio galaico-portugués, exposicións filatélicas, concertos e xornadas de exaltación da arte galega, mostras etnográficas, feiras tradicionais de artesanía e galas conmemorativas.

 

As comarcas do Salnés e Caldas, con 18 entidades beneficiadas de Vilagarcía, Cambados, Sanxenxo, Cuntis, Moraña, Valga, A Illa de Arousa, Meaño e Portas, recibirán máis de 38.000 € para poñer en marcha festivais musicais e de bandas de música, semanas de cine, encontros folk, festivais de recuperación dos muíños, actividades de Nadal, contos mariñeiros , magostos, ciclos de música antiga, xornadas e actos culturais, xornadas de historia, actividades de malabares, festexos temáticos, intercambios culturais, representar unha aldea galega ou a feira da muller rural.

 

Ata 17 entidades da comarca de Pontevedra (Pontevedra, Ponte Caldelas, Poio, A Lama, Marín e Vilaboa) beneficiaranse de 32.000 € para percorridos polo Río da Vida de Manuel Moldes, roteiros de traxes tradicionais, proxectos etnográficos, exposicións, festivais musicais, feiras de educación e formación, encontros relacionados co camiño de Santiago, feiras de artesanía, xornadas de coeducación, recuperacións de roteiros, xornadas de homenaxe ás mulleres e homes do mar e festivais artísticos.

 

As comarcas de Deza e Terra de Montes recibirán 25.300 € para 17 entidades de Lalín, Silleda, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Vila de Cruces, Agolada e Forcarei, que poderán poñer en marcha xornadas antropolóxicas e arqueolóxicas, exposicións temporais e xornadas musicais, festivais musicais e de bandas de música e encontros tradicionais.

 

Do Baixo Miño serán 11 as asociacións de Oia, Tui, A Guarda, Tomiño e O Rosal que se beneficiarán de 17.000 € para certames de corais, festivais musicais, semanas culturais, mostras musicais, certames de gaitas, desfiles folclóricos e de bandas mariñeiras ou exposicións de pintura. E, finalmente, do Condado e da Paradanta serán 8 as entidades de Mondariz, Ponteareas, Arbo e Salvaterra que recibirán 11.000 € para xornadas culturais, patrimonio fluvial, concertos, festivais folclóricos e magostos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí