Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación adxudica subvencións por 100.000 euros a 29 entidades para actividades turísticas

Tamén se aprobaron 8.950 euros para tres asociacións do Baixo Miño

Tamén se aprobaron 8.950 euros para tres asociacións do Baixo Miño

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Agosto de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

As axudas repártense entre a área de Vigo e as comarcas do Baixo Miño, Condado, Morrazo, Pontevedra, Salnés, Deza e Tabeirós-Terra de Montes

 

O Goberno da Deputación de Pontevedra destinou un investimento de ata 100.000 euros a 29 entidades da provincia para a financiación de actividades de carácter turístico. Tal e como subliñou a presidenta, Carmela Silva, as achegas foron outorgadas a “entidades que poñen en valor os recursos da provincia” e servirán para financiar actividades de diversa índole como “proxectos de difusión do patrimonio, cursos de biodiversidade e emprego no sector turístico así como de promoción en todo o ámbito do turismo ou de promoción de festas gastronómicas”.

 

Así, a Deputación deu luz verde a recursos para a área de Vigo cun total de 50.350 euros para 13 entidades. Os fondos chegarán ao concello de Baiona con case 5.500 euros repartidos entre a Asociación Náutica Navega e o Monte Real Club de Yates; a Nigrán con 1.950 euros para a Fundación Carlos Casares; e a 10 entidades do concello de Vigo que suman 42.900 euros. Trátase de 13 Grados SDAD Coop Galega, Asoc. Sociocultural e deportiva Sinerxías 360, Asoc. Ría de Vigo de entidades náuticas, Asoc. sociocultural e deportiva “La 21”, Club Montañeiros Celtas, Federación Empresarios de Hostelería, Federación para a Pesca e o Marisqueo, Idílicamente, Orquestra Clásica de Vigo, Prado Surf Clube, Real Club Náutico de Vigo e The Wild.

 

Tamén se aprobaron 8.950 euros para tres asociacións do Baixo  Miño como son a Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro da Guarda, 2.750 euros; a Agrupación Grupal do Rosal, con 3.100 €, e a de Persoas con Discapacidade Vontade, con 3.100 €. E do mesmo xeito deuse luz verde a 3.845 euros para a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, na comarca do Condado.

 

A Deputación tamén aprobou fondos para a comarca do Morrazo con 4.120 euros para a Asociación Cultural Cinematográfica de Galicia FICBUEU. E para a comarca de Pontevedra con 11.100 euros para 4 asociacións: A Rosa dos Ventos Motoclub de Poio, que contará con 2.500 euros, e tres asociacións pertencentes ao municipio de Pontevedra que suman 8.600 euros: Asociación Cultural Amigos del Camino Portugués, a Ruta do Viño Rías Baixas, e a Asociación para o Desenvolvemento Educativo e Cultural.

 

Ademais, liberáronse 11.290 euros para a comarca do Salnés que se repartirán entre Sanxenxo, con 5.500 euros para o Circuíto Cultural Deportivo de Sanxenxo e Piragüismo Portonovo, O Grove, con 3.390 euros para a Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos, e Vilagarcía de Arousa, con 2.400 € para a Asociación Mariscadoras de Carril Amarcarril.

 

Na mesma liña concedéronse recursos para as comarca do Deza e Tabeirós-Terra de Montes con 10.350 euros repartidos entre a Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo da Estrada, con 2.290 euros, e as asociacións lalinenses Amigos do Museo do Patrón e a Etnográfica de Codeseda, que suman 8.060 €.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí