Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación aproba o novo acordo marco de estradas provinciais con máis de 4,4 millóns de ? para actuar en todos os concellos no 2021

Dende o 2018 a Deputación de Pontevedra investiu 17,5 millóns de ? na conservación dos máis de 1.650 quilómetros que ten a rede de estradas provinciais

Dende o 2018 a Deputación de Pontevedra investiu 17,5 millóns de ? na conservación dos máis de 1.650 quilómetros que ten a rede de estradas provinciais

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Marzo de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Pleno da Deputación de Pontevedra dará luz verde este venres ao novo acordo marco de conservación de firmes das estradas provinciais que destinará case 4,5 millóns de € para intervir en todos os concellos durante o 2021. A presidenta Carmela Silva, xunto ao deputado de Infraestruturas Gregorio Agís, puxo en valor “o enorme esforzo económico que facemos este ano aumentando os investimentos, ademais de actuar con equidade, na totalidade da provincia”. A presidenta insistiu en que co modelo de mobilidade amable, sostible e coas persoas no centro que ten a Deputación, “o obxectivo é manter en bo estado todas as infraestruturas porque nos importa a seguridade das veciñas e veciños e non facer política partidaria”. Carmela Silva  tamén recordou que só co acordo marco de conservación de firmes, dende o 2018 o goberno provincial investiu xa 17,5 millóns de € na conservación dos máis de 1.650 quilómetros que ten a rede de estradas provinciais.

O novo acordo marco, que ten vixencia dun ano prorrogable ata catro, “supón traballos para conservar a superficie das vías e a súa estrutura, para que sexan acaídas a un século onde a seguridade viaria ten que ser fundamental para as administracións públicas”. Deste xeito, a través desta iniciativa, vaise garantir a viabilidade e seguranza viaria, realizando todo o mantemento da rede de estradas provinciais e repoñendo tamén a sinalización afectada.  “Manter as nosas infraestruturas – engadiu Silva- ten amais unha influencia moi directa no emprego e nas empresas e xa o anunciamos cando presentamos o orzamento: neste 2021 imos facer un enorme esforzo por facer grandes investimentos”.

Deste xeito, os traballos incluídos no novo acordo marco, que ascenden a cerca de 4,5 millóns de € durante este ano, estenderanse pola provincia de Pontevedra a través dunha nova distribución en seis zonas, o que supón unha máis que as cinco que estipulaba o acordo anterior. Así, na zona A, que abrangue os concellos de Lalín, Dozón, Rodeiro, Agolada e Vila de Cruces, investiranse 638.184 €; a zona B, á que se destinará 867.894 €, inclúe a Silleda, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Caldas, Cuntis, Valga, Pontecesures e Catoira; a Zona C, onde se investirán 634.094 €, abrangue os concellos de Barro, Caldas, Portas, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia, Vilanova e A Illa; a Zona D, á que se destinarán 878.598 €, comprende Pontevedra, Vilaboa, Ponte Caldelas, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Barro, Poio, Cangas, Moaña, Marín, Bueu, Pazos, Fornelos, Redondela, Soutomaior, Moraña e Campo Lameiro; a Zona E, onde se investirán 723.076 €, inclúe os concellos de Salceda, Pazos, Tui, Ponteareas, Salvaterra, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, A Cañiza, Covelo, Arbo e Crecente; e a Zona F, á que se achegarán 689.073 €, abrangue Vigo, Nigrán, Baiona, Gondomar, O Porriño, Salceda, Mos, Redondela, Tui, Tomiño, Oia e O Rosal.

“Todos os concellos se beneficiarán do esforzo inversor que facemos para manter en boas condicións os firmes das estradas provinciais” asegurou Carmela Silva. “Actuamos con equidade, na totalidade da provincia e mantemos en bo estado todas as infraestruturas porque impórtanos a seguridade das veciñas e veciños e non facer política partidaria”, engadiu a presidenta quen tamén recordou que “cando gobernaba o PP na Deputación os únicos firmes que se mantiñan eran os das estradas provinciais situadas nos concellos gobernados polo PP. Sen embargo, as infraestruturas dos concellos gobernados por outros partidos políticos estaban nunha situación deplorable”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí