Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación contará no 2024 co Orzamento máis alto da súa historia

Luis López presentou este xoves as contas -do municipalismo- nas que a partida de Cooperación cos concellos medra un 16 % ata acadar os 66 millóns, un terzo do total

Luis López presentou este xoves as contas -do municipalismo- nas que a partida de Cooperación cos concellos medra un 16 % ata acadar os 66 millóns, un terzo do total

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Noviembre de 2023

Fuente: Deputación de Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentou este xoves no vestíbulo do pazo Provincial, ante os membros do seu goberno e traballadores públicos, o orzamento máis alto da historia deste organismo, que acada os 189,2 millóns de euros. Unha cifra global que supón un incremento de 7,6 millóns máis que o Orzamento do ano anterior. Do mesmo xeito, supón unha suba de 30 millóns comparado co ano 2019 e de 35 millóns, con respecto ao 2016, que son os anos de inicio de mandato do goberno anterior.


“Son as contas do municipalismo”, afirmou o mandatario provincial en alusión ao crecemento da partida de Cooperación cos concellos, que crece un 16 % ata situarse nos 66 millóns. “Nin máis nin menos que un terzo do Orzamento dedícase a axudar aos nosos municipios para que se modernicen e atendan as necesidades dos veciños”, defende Luis López.

 

O Orzamento do 2024, que está previsto que entren en vigor o 1 de xaneiro, reflexan unha aposta clara por algunhas das áreas estratéxicas do novo goberno. Así, reflicten unha suba do 18 % nas partidas de Deporte, de preto do 2 % en turismo, do 20 % en Cultura, así como a creación dun novo servizo de Xuventude e Reto Demográfico.

 

 “Este proxecto susténtase no municipalismo: escoitar, entender e atender á realidade particular dos 61. Tamén é un proxecto de transformación, sen renunciar ao que está ben feito, pero sen complexos para perseguir o bo que queda por facer. E, por último, é un proxecto aberto coa man tendida para colaborar con outras Administracións, cos colectivos e cos cidadáns a título particular”, explicou o presidente da Deputación antes de detallar polo miúdo as partidas.

 

Municipalismo

“Estas contas son ademais un reflexo claro das nosas prioridades. Non só nos declaramos municipalistas. A colaboración e o apoio non é unha frase bonita, é un feito que se reflicte nestas contas”, asegurou Luis López antes de debullar todas as partidas pensadas para os concellos que gardan estas contas. Ademais da partida para Cooperación, o mandatario provincial recordou o programa +Provincia, que está tamén incluído nestes orzamentos. “Disporá en total de 48,2 millóns. É o maior plan de obras e servizos da historia da Deputación. Falamos dun 9 % máis que o do ano pasado. O noso primeiro plan incrementa a contía máis que os do anterior goberno en oito anos”, recordou o dirixente, citando a novidosa cuarta liña deste programa, destinada a executar proxectos de futuro e transformadores nos municipios.

 

Seguindo co apoio aos concellos, avanzou López que o documento inclúe tamén unha partida de dous millóns de euros para o Plan Provincia Comunitaria, que garda na liña +Aqua un apoio específico para comunidades de usuarios de auga.

 

O apoio ás grandes cidades queda tamén garantido nestas contas. Vigo e Pontevedra seguirán contando cun convenio específico para cada unha dotado con 7,5 millóns de euros. Unha cifra que poderá medrar a medida que se formulen proxectos concretos.

 

 

Deporte e Turismo

Pero o apoio aos concellos non é o único piar que reforzan estes documentos. Para a área de Deporte a contía crece en 900.000 euros ata alcanzar os 5,5 millóns. Un total que se sitúa preto dos 10 millóns de euros ao ter en conta o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas de 4 millóns de euros. “Non só nos declaramos impulsores do deporte, é que facemos unha aposta real por el”, dixo o presidente.

 

En materia de turismo, sostén López, que o seu goberno podería “agardar a seguir colleitando novos récords sen facer nada real por el”. Nada máis lonxe da realidade, o goberno da Deputación dá un novo impulso ao Turismo cun incremento nas súas partidas ata alcanzar os 5,6 M€, unha suba “real” de máis un millón de euros, ao ter en conta a finalización doutros proxectos financiados con fondos europeos.

 

Cultura

O documento recolle tamén unha maior aportación para a área de Cultura, cun crecemento dun 20 % ata chegar aos 4,7 millóns de euros. Tamén sube a dotación para o Museo de Pontevedra, cun aumento do 3,2 % das partidas, a institución da que se encarga o vicepresidente Rafa Domínguez manexa un orzamento de 10,3 millóns de euros.

 

Outra das novidades deste orzamento é a creación dun novo servizo de Xuventude e de Reto Demográfico dotado con 1,2 millóns de euros para “potenciar o inmenso talento e as oportunidades dos nosos mozos e mozas, e velar polo futuro do noso territorio”.

 

Tamén potencian estas contas os fondos dispoñibles para os centros dependentes da Deputación para que sigan sendo referencia nos seus eidos. É o caso da Finca Mouriscade, incluída na dotación para Medio Ambiente que é de 4,9 millóns de euros (+16,5 %); o Centro Príncipe Felipe, con 13,1 millóns (+4,4 %); a Escola de Enfermería, con 500.000 euros (+5,6 %); ou a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, con 400.000 euros (+15,8 %).

 

Finalmente, as contas do vindeiro ano recoñecen tamén o esforzo dos traballadores da Deputación coa suba na súa retribución dun 3 % prevista nos acordos estatais, a recuperación do complemento especial de dedicación técnica para o persoal ou a creación de 26 novas prazas de emprego público.

 

Nova imaxe institucional

“Somos unha institución que tende pontes”, concluíu Luis López equiparando o carácter municipalista do goberno provincial e do seu Orzamento coa nova imaxe institucional que o presidente presentou este mesmo xoves aproveitando a súa intervención para dar a coñecer as contas do ano 2024.

 

Os arcos dunha ponte dan forma á nova imaxe da institución provincial. Uns arcos que, ao mesmo tempo, agochan as siglas (DPO) desta administración. “Nesta provincia de pontes coma o de Rande, A Illa de Arousa, ou O Burgo de Pontevedra, a Deputación é unha ponte máis. Somos unha tripla ponte entre cidadáns, concellos e Administracións,

e por iso esta imaxe representa, en cada un dos seus tres arcos, o noso imprescindible papel dentro da provincia. Ese é o lema que o acompaña: ‘Tendemos pontes’”, detallou López.

 

Ademais, a cor escollida para esta nova imaxe lanza tamén unha mensaxe de unidade e inclusión. “Esta non é unha imaxe dun partido nin o dun goberno en concreto. Non quixemos tomar ese camiño. Presentamos un logo para este e os seguintes gobernos, sexan ou non do partido que o apoia neste mandato. Por iso non é nin vermello, nin azul. É verde. Verde como a pedra antiga de moitas das nosas pontes; como calquera recuncho desta espléndida provincia”, argumentou o representante provincial, agradecendo o traballo feito polo estudo vigués Chachachá e as aportacións do persoal da Deputación.

 

Continuando coa metáfora da ponte, rematou Luis López a presentación do Orzamento e da nova imaxe institucional asegurando que “levamos case 190 anos en pé, conectando a cidadáns de distintas beiras, de lugares moi diversos, para que se xunten en algo moi grande, que é a nosa provincia; temos sólidos piares: confianza, rigor, un proxecto definido, un Orzamento forte e todas as ganas por levalo a cabo; seguimos sendo unha referencia institucional sólida fronte ás correntes revoltas que queren derrubar todo o bo que levamos construído ata hoxe; e seremos aínda máis fortes se, entre todos, fortalecemos eses piares e nos seguimos conectando”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí