Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA A PRIMEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN XUVENIL DEPO RúARTE-

A través desta actuación, destinada ós concellos de menos de 50.000 habitantes, a institución provincial inviste 100.000 ? para a dinamización da mocidade

Ó remate do programa terá lugar o I Certame Xuvenil Depo RúARTE

Fecha: 05 de Abril de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, a través do servizo de Cohesión social e Xuventude, ten por obxectivo mellorar a calidade de vida da mocidade da provincia de Pontevedra a través da participación activa das mozas e mozos no desenvolvemento sostible, económico e social da mesma. Por tal motivo, a institución provincial acaba de aprobar as bases reguladoras da primeira edición do programa "DepoRúARTE" que destina 100.000 € para ofrecer á mocidade de entre 14 e 30 anos dos concellos de menos de 50.000 habitantes actividades innovadoras e modernas, dinamizadoras, educativas e de lecer, así como un espazo de encontro e intercambio de experiencias que potencie movementos de participación e cooperación social.

En total, a institución provincial oferta actividades agrupadas en cinco áreas: MúsicARTE (Break dance, rap, funky, hip-hop, e o teu corpo: un instrumento), RúARTE (slackline, monopatín e sobre rodas), UrbanARTE (graffitti, xogos malabares e monólogos na rúa), CreARTE (crea a túa historieta, crea o teu fanzine e curtametraxes co móbil) e CociñARTE (a cociña da avoa, cociña en verde, o mundo no prato, endúlzate e coctelería e batidos sen alcohol).  Estas actividades, cunha duración de 25 horas e cun mínimo de 10 participantes, terán lugar dende o remate do curso escolar, finais de xuño, ata principios de setembro.

Para poder ofertar o programa, cada concello deberá adherirse cubrindo un modelo de acordo de adhesión que se atopa en www.depo.es e que ten que entregar, nos rexistros da Deputación de Pontevedra, en 15 días naturais tras a publicación das bases no BOPPO. Pola súa banda, as mozas e mozos interesadas e interesados deberán cubrir o formulario de solicitude que poderán obter nos seus concellos e presentalo segundo os prazos que estes indiquen. Cando rematen a súa actividade recibirán unha acreditación de participación.

O programa será clausurado co I Certame Xuvenil Depo RúARTE que amosará o aprendido nas actividades realizadas, coa fin de promover, xerar e articular espazos públicos integrais de xuventude. Neste certame participará un representante de cada concello que competirá co resto de actuacións ou traballos presentados dentro de cada unha das categorías de Depo RúARTE (MúsicARTE, RúARTE, UrbanARTE, CreARTE e CociñARTE). Haberá un finalista de cada unha das categorías e un único gañador do I Certame Xuvenil Depo RúARTE.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Rellene todos los campos del siguiente formulario y escriba en el cuadro habilitado las letras y/o números que salen en la imagen para contactar de manera más rápida y segura, y así poder resolver sus cuestiones.

    Gracias por su confianza en Infomiño Noticias Baixo Miño
  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones