Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA IMPULSA O CAMIÑO PORTUGUÉS DA MAN DOS CONCELLOS DA PROVINCIA E DAS CÁMARAS MUNICIPAIS DE PORTUGAL

Esta actuación permitirá protexer o patrimonio cultural e natural así como impulsar e promover turisticamente os concellos e cámaras municipais polos que discorre o Camiño Portugués

Esta actuación permitirá protexer o patrimonio cultural e natural así como impulsar e promover turisticamente os concellos e cámaras municipais polos que discorre o Camiño Portugués

Fecha: 05 de Febrero de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto co deputado delegado de cooperación, David Regades, deu a coñecer esta mañá o proxecto "Camiño Portugués: conservación e valoración do Camiño Portugués de Santiago. O patrimonio cultural e natural como factor de desenvolvemento económico". Este proxecto, liderado pola institución provincial e no que participan os 13 concellos da provincia (Tui, Salceda de Caselas, Mos, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures) e as 4 cámaras municipais do Norte de Portugal (Ponte de Lima, Paredes de Coura, Barcelos e Valença) polas que discorre o Camiño Portugués, opta ós fondos europeos INTERREG V-POCTEP, Programa de Cooperación Transfronteiriza España- Portugal.

Carmela Silva destacou que o Camiño Portugués "é un elemento fundamental na área de Galicia-Norte de Portugal, que agrupa un numeroso patrimonio cultural material e inmaterial, así como un rico patrimonio natural que constitúe un factor de desenvolvemento fundamental para esta zona, unha forma de entender o territorio que nos identifica e forma parte do que somos". Ademais, a Presidenta subliñou que o turismo é un dos sectores con maior incidencia no desenvolvemento económico desta zona transfronteiriza sendo, o Camiño Portugués, "un escaparate do noso patrimonio que debemos impulsar para converter nunha ruta atractiva, segura e accesible".

O proxecto, cuxo orzamento ascende a máis de catro millóns de €, parte da necesidade de protexer e promover o patrimonio cultural e natural mediante a cooperación, o traballo en rede de todos os axentes implicados e a innovación. Para elo, basease en estratexias de crecemento intelixente, sostible e integrador, apostando pola modernización e mellora continua dos servizos turísticos, incidindo na calidade e sostenibilidade para ser máis competitivos. En concreto, contémplanse accións para mellorar a información e os servizos que demanda o peregrino a través das novas tecnoloxías, de modo que o sector turístico estea máis capacitado para ser máis competitivo e atraer un maior fluxo de peregrinos e visitantes mediante unha comercialización adaptada ás distintas demandas. Pero tamén, este proxecto comprende actuacións de protección e recuperación do patrimonio cultural e natural, a sinalización dos recursos e o incremento nun 25% do número de turistas que percorren o territorio do proxecto.

Amais, a través desta actuación preténdese reforzar a cooperación transfronteiriza, sensibilizar á poboación na protección do Camiño Portugués e converternos nun destino turístico de calidade. Para elo, entre outras cuestións, elaborarase un plan de mellora do Camiño Portugués para convertelo nunha ruta segura, accesible e atractivo; unha guía didáctica para escolares; unha axenda cultural; actuacións de promoción como unha páxina web, a Fair Way (feira do camiño), unha exposición itinerante, un foro sobre turismo sostible e unha workshop de creación e venda de produtos turísticos; e unha rede de traballo con estrutura operativa e estable de cooperación para protexer o Camiño Portugués.

O alcalde de Caldas, como rexedor do concello con maior número de quilómetros de Camiño Portugués na provincia de Pontevedra e en nome dos 13 concellos que participan no proxecto, subliñou o carácter do Camiño Portugués como "motor socioeconómico fundamental para as vilas polas que pasa ademais dun factor de singularidade que nos identifica". Neste sentido, destacou a importancia de protexer o Camiño e aproveitou a ocasión para pedirlle á Presidenta da Deputación que inste á Xunta de Galicia para que "repoña tramos do Camiño Portugués que hoxe, pese a ser ano Xubilar, se atopan en serias dificultades e en moi mal estado".

Pola súa banda, e en representación das Cámaras Municipais do Norte de Portugal, a vereadora María Elisa Azevedo Leite Braga manifestou a importancia deste proxecto "audaz e pioneiro, que nos permite preservar o Camiño Portugués de forma consistente, sostible e seria, potenciando todas as posibilidades de desenvolvemento dos territorios transfronteirizos". Ó mesmo tempo agradeceu "á Deputación de Pontevedra que nos fixera partícipes deste proxecto, coa certeza de que no ano 2021 vamos a obter uns resultados fantásticos".

A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, pechou o acto de presentación do proxecto destacando a importancia de manter "vivo o espírito do Camiño para que nos permita que este territorio transfronteirizo no que vivimos sexa un territorio de oportunidades".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí