Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación de Pontevedra impulsa tres novos obradoiros SmartPeme+ sobre Canva, impresión 3D e Google Analytics

Entre o 1 e o 4 de setembro celebraranse tres talleres telemáticos centrados en ferramentas clave para o sector hostaleiro, a impresión 3D e a analítica web.

Entre o 1 e o 4 de setembro celebraranse tres talleres telemáticos centrados en ferramentas clave para o sector hostaleiro, a impresión 3D e a analítica web.

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Septiembre de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

A Deputación de Pontevedra organiza a próxima semana tres novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+, unha iniciativa destinada a impulsar a transformación dixital e a competitividade do tecido empresarial da provincia.

As sesións, que se desenvolverán en formato telemático e requiren inscrición previa, terán lugar entre o luns 1 e o xoves 4 de setembro e abordarán cuestións prácticas e de grande interese para autónomos, emprendedores e pemes.

O primeiro dos talleres será o luns 1 de setembro ás 11:00 horas, baixo o título “Canva para hostalería: deseña menús e contido para redes”. Impartido por Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, permitirá ás persoas participantes aprender a crear menús dixitais e físicos, stories e posts personalizados, mellorando a súa presenza en liña sen necesidade de coñecementos avanzados en deseño gráfico.

O mércores 3 de setembro ás 12:00 horas terá lugar o taller “Impresión 3D no 2025, Slicers actuais 4/4, OrcaSlicer”, coordinado pola oficina de Barro e impartido por Manuel Tornos, experto en novas tecnoloxías con máis de 30 anos de experiencia. A sesión afondará na preparación de modelos 3D, optimización de perfís e materiais de impresión, e aplicación de modificadores a través do programa OrcaSlicer.

O ciclo completarase o xoves 4 de setembro ás 12:00 horas co obradoiro “Google Analytics para a toma de decisións”, impartido por Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais e con ampla traxectoria en proxectos web. O obxectivo será ensinar como empregar esta ferramenta para medir o comportamento dos usuarios nun sitio web e converter os datos en información útil para mellorar a toma de decisións de negocio.

A través da Rede SmartPeme+ e Acelera Pyme Rural, a Deputación destina este ano 1,45 millóns de euros á asesoría de persoas emprendedoras desde as oficinas de Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo. O programa chega a máis de 2.500 emprendedores, autónomos e pemes cada ano, cunha oferta de arredor de 200 talleres formativos e actividades complementarias.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí