Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Deputación de Pontevedra pon en marcha os primeiros Premios provinciais á xuventude

O mércores 5 de abril ábrese o prazo de presentación dos traballos e estará aberto durante dous meses, ata o 4 de xuño

O mércores 5 de abril ábrese o prazo de presentación dos traballos e estará aberto durante dous meses, ata o 4 de xuño

Fecha: 04 de Abril de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra publica este luns no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra as bases da primeira convocatoria dos "Premios Provinciais á Xuventude", dirixidos ás mozas e mozos da provincia de entre 16 e 35 anos. Os premios están dotados con 21.000 €, repartidos entre sete categorías, e teñen como obxectivo promover o talento e o potencial da xuventude da provincia de Pontevedra. Ademais, o mércores 5 de abril ábrese o prazo de presentación dos traballos e estará aberto durante dous meses, ata o 4 de xuño.

As sete categorías ás que poderán optar as persoas participantes son as de iniciativa social (dous premios) e iniciativa empresarial (outros dous premios), para ambos os casos con proxectos de proxección e impacto social que favorezan a igualdade; blogs (tres premios) que promovan a igualdade, a educación en valores, a formación, o asesoramento, as actividades de voluntariado, culturais e/ou deportivas dirixidas á mocidade; educación en valores (dous premios) para proxectos que persigan a consecución da non violencia en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como a prevención do acoso escolar e o ciberacoso; traballo musical (tres premios) para persoas sen contratos discográficos vixentes; traballo literario breve (tres premios) e, por último, fotografía orixinal (tres premios).

Todas as categorías teñen unha partida de 3.000 €, distribuídos entre 2.000 € ao primeiro premio e 1.000 € ao segundo, para aquelas que contan con dous galardóns; e 1.500 € ao primeiro, 1.000 € ao segundo e outros 500 € ao terceiro premio nas categorías con tres galardóns asignados.

 

Nas bases dos "I Premios Provinciais á Xuventude" poderanse consultar os demais requisitos que deben cumprir as persoas (físicas e xurídicas) participantes e os traballos, así como os medios de presentación dos mesmos e a documentación que deberán adxuntar a maiores en cada unha das categorías.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí