Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación destina case 2,5 millóns a cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais dos concellos de menos de 20.000 habitantes

O plan inclúe o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e a contratación de persoal dos Servizos Sociais dos 51 concellos beneficiados na provincia

O plan inclúe o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e a contratación de persoal dos Servizos Sociais dos 51 concellos beneficiados na provincia

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Enero de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

Este ano a Deputación financiará o perfil de auxiliar administrativo/a a todos os concellos, “para axilizar os procesos dos Servizos Sociais Comunitarios, que están desbordados polas consecuencias da Covid”

 

A Deputación de Pontevedra mobiliza este 2022 preto de 2,5 millóns de euros (2.481.074€)  para o Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais dos  51 concellos de menos de 20.000 habitantes. A Xunta de Goberno vén de aprobar hoxe as bases deste plan, que asigna 1,2 millóns de euros (1.254.750€)  para sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar nos domicilios por parte de persoal especializado, e outros 1,2 millóns (1.226.324€) para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios, a fin de garantir unha prestación pública de calidade neste ámbito.

A presidenta Carmela Silva, subliñou que a principal novidade neste 2022 estará no apartado do persoal, no que a Deputación estenderá o financiamento do perfil da persoa auxiliar administrativa a todos os concellos, “contribuíndo así a axilizar os procesos administrativos dos Servizos Sociais Comunitarios que se atopan desbordados, moito máis agora que aínda estamos a sufrir a Covid e as súas consecuencias”. Esta modificación beneficia aos concellos de Arbo, As Neves, Crecente, Cuntis, Meis, O Rosal, Pontecesures, Portas, Rodeiro e Vilaboa, que suman un total de 60.145€ a maiores na súa asignación. “Fomos aumentando cada ano os recursos e agora todos os concellos van contar con este perfil”, destacou.

Carmela Silva cualificou o  Servizo de Axuda no Fogar  (SAF)  como “fundamental” e lembrou que atende a persoas maiores con déficits de autonomía e a persoas con discapacidade, especialmente no caso de que carezan de apoio persoal no seu medio inmediato. No caso do coste do persoal, finánciase a contratación de persoas traballadoras administrativas e tituladas medias e superiores dos Servizos Sociais Comunitarios destes concellos, entre os que se inclúen os profesionais do Servizo de Educación e Apoio Familiar.

 

Investimento por comarcas

No Plan de Cofinanciamento dos Servizos Comunitarios Municipais, a comarca da Paradanta ten asignados neste 2022 un total de 178.704€, que se reparten da seguinte forma: Arbo (50.566€), A Cañiza (55.846€), Covelo (36.387€) e Crecente (35.904€). No caso do Condado, recibirá 168.434,91 euros, distribuídos do seguinte xeito: Mondariz (56.079,21€), Mondariz-Balneario (22.697,20€), As Neves (36.733,21€), e Salvaterra (52.925,29€). Por outra banda, o Baixo Miño percibirá 258.061,15€, dos que A Guarda recibirá 59.866€; Oia 25.541€; O Rosal, 33.861; Tomiño, 59.042€, e Tui 79.750€.

 

Val Miñor ten consignados 188.350 euros, que se repartirán entre Baiona (51.310€), Gondomar (56.446€) e Nigrán (80.594€), mentres que o investimento en Deza acada os 254.598€, con Agolada  (50.633€), Dozón (41.867€), Rodeiro (32.899€), Silleda (68.354€) e Vila de Cruces (60.844€). E Tabeirós-Terra de Montes recibirá 113.634,dos que Cerdedo-Cotobade ten asignados 59.534€ e Forcarei 54.099€.

 

A comarca de Vigo percibirá 221.937€, dos que Fornelos terá 26.395€; Mos, 80.864€; Pazos de Borbén, 24.094€; Salceda, 60.088,86€ e Soutomaior, 30.494 €. No caso do Morrazo, ten asignados 132.745€, dos que Bueu recibirá 51.786€, e Moaña 80.959€.

 

A comarca do Salnés ten consignados 526.165€, repartidos do seguinte xeito: Cambados (54.670 €), Catoira (21.337 €), O Grove (65.235€), A Illa (28.521€), Meaño (55.042€), Meis (37.239€), Pontecesures (27.681 €), Ribadumia (29.296€), Sanxenxo (80.264 €), Valga (43.939 €) e Vilanova (82.939€).

 

Finalmente, a comarca de Pontevedra recibirá 438.444€: Barro (39.097€), Caldas (50.907 €), Campo Lameiro (27.328 €), Cuntis (47.535€), A Lama (41.345€), Moraña (23.577 €), Poio (92.756€), Ponte Caldelas (52.946 €), Portas (35.821 €) e Vilaboa (27.130€).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí