Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación destina máis dun millón de euros a novas achegas do Plan Concellos que beneficiarán a quince municipios da provincia

A Xunta de Goberno aprobou axudas da Liña 1 de Investimento e da Liña 2 para os concellos de Marín, Moaña, Fornelos, Cangas, Agolada, Barro, Bueu, A Guarda, Lalín, Moraña, As Neves, Nigrán, Ponteareas, O Rosal e Vilanova de Arousa

A Xunta de Goberno aprobou axudas da Liña 1 de Investimento e da Liña 2 para os concellos de Marín, Moaña, Fornelos, Cangas, Agolada, Barro, Bueu, A Guarda, Lalín, Moraña, As Neves, Nigrán, Ponteareas, O Rosal e Vilanova de Arousa

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Mayo de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos recursos para a provincia ao abeiro do Plan Concellos cun investimento de 1,1 millóns e que beneficiará a 15 concellos. Trátase de catro achegas da Liña 1 de Investimentos por 783.475€ para os concellos de Marín, Moaña, Fornelos e Cangas, e doutras 16 achegas da Liña 2 de Amortizacións, pago de débedas, gastos correntes e actividades socioculturais por 332.973€ que beneficiarán aos municipios de Agolada, Barro, Bueu, A Guarda, Lalín, Moraña, Moaña, As Neves, Nigrán, Ponteareas, O Rosal e Vilanova de Arousa.

 

No caso da Liña 1, Marín recibirá unha achega de 202.464euros, coa que poderá financiar a primeira fase das obras de humanización de viarios na zona de Pedreiras. A intervención ten o obxectivo de renovar e mellorar as condicións dos viarios existentes, amais de proceder á renovación das redes de servizos municipais que discorren por ditos viarios.

 

Doutra banda, Fornelos de Montes percibirá unha axuda de 142.455€ para sufragar as obras de acondicionamento de camiños en Estacas, Calvos e Fornelos. O obxecto deste proxecto é a mellora de cinco camiños: A Raposeira (Estacas); Monte de Atrás, Cima de Vila e Camiño da Taluda (Calvos) e o camiño das Perdices (Fornelos). En todos eles executarase unha nova pavimentación do firme e se mellorará a drenaxe das augas superficiais.

 

No caso de Cangas, a achega de 157.040€ permitiralle sufragar parte da aportación municipal correspondente ao convenio coa Deputación para executar a mellora da seguridade na EP-1005 Viso-Hío. Esta obra, presupostada en máis dun millón de euros, é unha actuación histórica nesta estrada provincial que vén dar resposta a unha longa demanda social e institucional para a adecuación deste viario. O proxecto abrangue a totalidade do trazado da EP-1005, cunha lonxitude dun quilómetro. A partir da mellora da intersección coa estrada autonómica, o proxecto deseña unha senda peonil continua e crea dúas plataformas únicas de convivencia con prioridade peonil, novo firme e sinalización, sistemas de calmado de tráfico con pasos de peóns sobreelevados e redutores de velocidade e, finalmente, unha iluminación eficiente a través da instalación de 43 farois led.

 

Por último, o Concello de Moaña recibirá 281.513€ para poder financiar os traballos de humanización da contorna da praza do Concello. Trátase dunha obra dirixida a humanizar este espazo para darlle a prioridade aos peóns/as, coa habilitación de firmes en cor para establecer diferentes usos, así como o axardinamento da zona e actuacións para o calmado de tráfico de vehículos. Igualmente, renovarase a instalación de saneamento e abastecemento e crearase a infraestrutura para soterrar as liñas aéreas de servizos

 

No que atinxe á Liña 2, a Xunta de Goberno aprobou  unha nova relación de achegas, por 232.973€, que beneficiará aos concellos de Agolada, Barro, Bueu, A Guarda, Lalín, Moraña, Moaña, As Neves, Nigrán, Ponteareas, O Rosal e Vilanova. Estas axudas servirán para financiar actividades culturais como o Espazo Musical Convida 21 (Bueu), Vive o Verán (Lalín), Rock in Patos, Nigrán Area, o Concerto Inclusivo e o ciclo Sona Gaifar (Nigrán), as Sonatas de Verán de Vilanova, a programación de actividades culturais e festivais en Ponteareas e A Guarda recibirá unha achega para a produción dun concerto. Así mesmo, As Neves recibirá unha achega para sufragar a aportación municipal ao programa Musigal da Deputación. As achegas tamén están destinadas a afrontar o coste de distintos servizos municipais, como a compra de materiais de protección contra a Covid (Barro e Moraña), o servizo de xestión de portas abertas da piscina municipal de Bueu, gastos na conservación das estradas no Rosal ou os gastos de electricidade en Agolada.  

 

Por último, aprobouse dentro desta Liña 2 outra achega para Moaña, pola cantidade de 100.000€, no marco das axudas dirixidas aos sectores máis afectados pola situación pandémica no concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí