Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación insta a Feijóo a unha maior coordinación con Portugal na preservación e promoción do Camiño Portugués pola Costa

A institución súmase ás queixas dos concellos da Guarda, Oia, O Rosal e Baiona polos problemas que se están a producir, para os que reclama -unha inmediata solución-

A institución súmase ás queixas dos concellos da Guarda, Oia, O Rosal e Baiona polos problemas que se están a producir, para os que reclama -unha inmediata solución-

Fecha: 08 de Julio de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, vén de dirixir unha carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na que lle traslada o malestar dos alcaldes e alcaldesas da Guarda, Antonio Lomba; de Oia, Cristina Correa; O Rosal, Ánxela Fernández e Baiona, Carlos Gómez, polos problemas que se están a producir respecto da coordinación da promoción do Camiño Portugués pola Costa entre Galicia e Portugal e esixe “unha inmediata solución”. “Estando xa no bienio Xacobeo 2021-2022 non nos podemos permitir perdas de calidade ou prestixio nos itinerarios que levan a Santiago”, sinala na misiva Carmela Silva, que lembra que este itinerario está recoñecido desde 2016 e que “as relacións de cooperación e coordinación con Portugal son asunto que compete directamente á Xunta de Galicia”. 

 

As queixas das que se fai eco a Deputación xa foron trasladadas polos rexedores e rexedoras municipais destes concellos  á Sociedade de Xestión do Xacobeo. Dunha banda, os alcaldes e alcaldesas manifestaron o seu malestar polo irregular funcionamento do ferri entre Caminha e A Guarda, que a principios deste mes de xullo seguía sen estar en servizo e que durante os períodos nos que opera “caracterízase por horarios irregulares”. A alternativa a esta liña marítima son os “taxi-mar”, unhas pequenas embarcacións  que xestiona a Cámara Municipal de Caminha e que segundo as testemuñas das persoas usuarias, nin sequera teñen unha tarifa estable “senón que depende do número de persoas a bordo en cada viaxe”.

 

Doutra banda, denuncian “a desinformación” que se está a producir en Portugal con respecto ao trazado oficial do Camiño pola Costa. Neste senso, apuntan que aínda que está claro que o Camiño oficial é o que une Caminha con A Guarda por vía marítima, “se están a promover desde o país veciño alternativas que nada teñen que ver”, como cruzar o Miño desde Vilanova de Cerveira ata Goián, ou continuar ata Valença para enlazar alí co Camiño Portugués. Estes “desvíos” promóvense con folletos, webs e publicacións que “alteran o verdadeiro espírito co que naceu o Camiño Portugués pola Costa”. “Resulta difícil –engade Carmela Silva na súa carta- imaxinar que rodeos deste tipo se puideran propoñer para o Camiño Francés na súa entrada a Galicia”.

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra reclama por elo a Feijóo que dirixa ou canalice “as actuacións pertinentes” para a correcta coordinación coas autoridades portuguesas implicadas, “e garantir así a correcta preservación e promoción do Camiño Portugués pola Costa, itinerario xacobeo senlleiro e do máximo interese para a promoción turística desta provincia”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí