Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación lanza a segunda aceleradora do comercio -para dar un pulo máis potente ás pemes de cara á dixitalización-

Un total de dez empresas poderán participar nesta iniciativa provincial, cuxo prazo de inscrición comeza hoxe e estará aberto ata o 7 de xuño

Un total de dez empresas poderán participar nesta iniciativa provincial, cuxo prazo de inscrición comeza hoxe e estará aberto ata o 7 de xuño

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Mayo de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

Co obxectivo de optimizar a competitividade e a eficiencia do comercio da provincia de Pontevedra, a Deputación vén de poñer en marcha a segunda edición da aceleradora que permitirá a este sector mirar cara o futuro mediante a incorporación de novas tecnoloxías vinculadas ás actividades clave de cada negocio. En palabras da presidenta provincial esta iniciativa, que se desenvolverá entre o 15 de xuño e o 15 de outubro, lévase a cabo porque “é fundamental dar un pulo máis potente ás PEMES de cara á dixitalización”. Con este proxecto liderado pola Deputación dez empresas terán unha formación “que lles permitirá introducirse de cheo e con todas as garantías nun novo mundo onde o comercio se fai de xeito dixital”.

Aquelas empresas que estean interesadas en formar parte desta segunda aceleradora do comercio teñen de prazo ata as 19.00 horas do 7 de xuño para inscribirse a través do sitio web de SmartPeme (https://smartpeme.depo.gal/), posto que a aceleradora está impulsada por esta rede que a Deputación ten espallada por toda a provincia. A aceleradora está aberta a PEMES, persoas emprendedoras, empresarias e autónomas da provincia que desexen reorientar o seu comercio tradicional ou poñer en marcha a súa actividade online. Ademais, nela tamén se poderán levar a cabo novos proxectos e innovar en negocios xa existentes mediante sesións de formación conxunta e titorías personalizadas co equipo asesor de SmartPeme.

A aceleradora levarase a cabo case na súa totalidade de xeito online á vez que se impartirán sesións formativas grupais de xeito presencial, tal e como anunciou a presidenta provincial. Nas sesións online establecerase a folla de ruta das empresas e realizarse un programa intensivo de titorías e sesións de traballo sobre imaxe dixital e competitividade. En canto ás sesións grupais afondarase  no deseño con canvas, nas necesidades existentes para ter tenda online, na aposta pola sustentabilidade, na venda a través de redes sociais, en finanzas “para non financieiros/as” e darse información sobre axudas e subvencións.

O sector do comercio ten unha forte presenza na provincia de Pontevedra: segundo datos do Instituto Galego de Estadística hai 12.664 empresas que se dedican ao comercio na provincia e o 15% son comercios minoristas. Ademais de ser un sector tan importante, foi un dos más afectados pola crise da Covid-19. Por este motivo, tras o parón sufrido durante o Estado de Alarma, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha o pasado ano a primeira aceleradora do comercio para axudar ás e aos comerciantes, que amosaron a súa enorme satisfacción pola formación recibida e as melloras dos seus negocios a raíz de ter participado nesta iniciativa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí