Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación lanza en menos dunha semana a liña para achegar o 1% do seu orzamento aos sectores afectados pola pandemia

Con esta nova liña e os 6 millóns xa habilitados no Plan Concellos, a Deputación pon a disposición dos municipios ata 7,6 millóns de euros para apoiar aos sectores produtivos afectados

Con esta nova liña e os 6 millóns xa habilitados no Plan Concellos, a Deputación pon a disposición dos municipios ata 7,6 millóns de euros para apoiar aos sectores produtivos afectados

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Febrero de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

“En 7 días –informou Carmela Silva - dende que se rompeu a negociación porque a Xunta non quixo acordar, esta Deputación ten xa todo preparado para achegar o 1% do noso orzamento aos sectores afectados pola pandemia”. A presidenta asegurou que “nós si cumprimos cos nosos compromisos”, e adiantou que o vindeiro venres, 12 de febreiro, aprobarase nun Pleno Extraordinario o suplemento de crédito para destinar o 1% do noso orzamento, 1.640.000 euros, aos concellos para que xestionen as axudas que serán directas e finalistas para os sectores afectados. En total, sumando estes 1,6 millóns de € e os 6 millóns que a Deputación xa habilitara a través da liña 1 do Plan Concellos, os municipios teñen a súa disposición máis de 7,6 millóns de euros para apoiar aos sectores que se viron obrigados a pechar ou afectados polas restricións impostas pola Xunta de Galicia.

O novo programa de axudas da Deputación de Pontevedra atende a criterios obxectivos, é áxil e tamén coherente, dando resposta inmediata aos compromisos adquiridos. “Pediamos o 1% do orzamento e que os recursos fosen xestionados dende os concellos -asegurou Carmela Silva- e isto é o que imos aprobar este próximo venres”. Amais, os recursos van chegar “de xeito inmediato porque temos xa establecido o reparto, que atende ao criterio de poboación”. Neste mesmo eido a presidenta informou que “ao día seguinte ao da publicación deste suplemento de crédito os concellos poderán xa solicitar os recursos e, para axilizar aínda máis o proceso, a Deputación adiantará as contías, achegándoas trala simple presentación da solicitude de cada concello e sen agardar á xustificación”. Amais, engadiu a presidenta, “no caso de que algún concello decida complementar esta axuda directa e finalista aos sectores afectados con recursos do 20% da liña 1, tamén adiantaremos esas contías de xeito inmediato”.

Carmela Silva aproveitou a ocasión para recordar que as competencias en actividades económicas “son exclusivísimas da Xunta de Galicia que é a que ten que habilitar os recursos”. A presidenta insistiu en que a Xunta recibiu 224 millóns de euros no 2020 do Goberno do Estado aos que se sumarán outros 441 que recibirá neste 2021: “onde están eses recursos? A que se van destinar?, preguntou A Xunta ten capacidade sobrada para crear un verdadeiro plan de rescate para os sectores afectados pola pandemia”. Sen embargo, “en oito meses, dende que se declarou o Estado de Alarma en marzo e ata novembro, a Xunta de Galicia non fixo nada” lamentou, ao tempo que recordou as 7 cartas remitidas dende a institución provincial á administración autonómica para reclamar unha reunión e facer fronte á situación. “Debería avergoñar á Xunta o feito de obrigar ao Clúster de Turismo a convocar ás administracións para falar dun plan de rescate” asegurou a presidenta quen tamén destacou a vontade do mundo local de aportar en todo momento o 1% dos recursos “pese a non ter competencias nin recibir recursos extraordinarios”. 

Carmela Silva recordou que o acordo entre a Xunta, a Fegamp e as deputacións provinciais non foi posible porque “a Xunta se negou a aportar o 1% do seu orzamento e a que fosen os concellos os que xestionasen estas axudas, como así acontece co modelo Valencia que tanto defenden”. Con respecto a este modelo, Silva detallou que conta cun orzamento de 380 millóns de euros dos que só 160 son acordados entre a Generalitat, as Deputacións e os Concellos, mentres que os 220 restantes os achega directamente a Generalitat.  “Nós defendemos este modelo, un modelo que en Galicia, por poboación, tería que contar con 250 millóns de €”.  Fronte a esta contía, e atendendo á información que deron a coñecer as delegadas e os delegados da Xunta de Galicia nas provincias, a aportación da administración autonómica suma “38 millóns de euros e non os 80 millóns dos que falan. Menten. Amais, os 75 millóns de € que vai aportar agora non foi decisión da Xunta, foi produto da presión das deputacións provinciais e da Fegamp”, rematou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí