Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación ofrece aos concellos ágora implantar o bicirexistro, un sistema de identificación de bicicletas e patinetes para disuadir dos roubos e facilitar recuperacións

Trátase dunha ferramenta útil para as policías locais, xa que permite o control dos vehículos en cada municipio e dá acceso a unha base de datos estatal de alertas de desaparicións e localizacións

Trátase dunha ferramenta útil para as policías locais, xa que permite o control dos vehículos en cada municipio e dá acceso a unha base de datos estatal de alertas de desaparicións e localizacións

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Marzo de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de ofrecer aos ‘Concellos Ágora’ implantar nos seus territorios o BiciRexistro, un sistema de identificación de bicicletas e patinetes para disuadir de posibles roubos e facilitar recuperacións. No día de hoxe celebrouse unha reunión informativa do departamento  provincial de Mobilidade e a Rede de Cidades pola Bicicleta na que participaron representantes políticos, técnicos e policías locais de 38 municipios que amosaron un grande interese pola inciativa debido ao aumento progresivo destes vehículos nas vilas e cidades da provincia.

O deputado Uxío Benítez subliñou que o goberno provincial aposta por traballar para que a bicicleta sexa un modo de transporte prioritario –xunto coa mobilidade peonil- e que as cidades e vilas da provincia cheguen a ser 100% ciclables. Insistiu en que é importante facilitar, facer máis segura e desenvolver a circulación dos ciclistas especialmente no medio urbano e rururbano, algo difícil –e, polo tanto, un reto- no ámbito da provincia de Pontevedra pola súa grande dispersión poboacional. Destacou, así mesmo, que o BiciRexistro é unha ferramenta moi útil para as persoas usuarias e tamén para as policías locais, xa que permite o control das bicicletas –e patinetes- de cada localidade e dá acceso a unha base de datos estatal de alertas de desaparicións e localizacións.

Na reunión informativa, e segundo explicou o técnico da Rede de Cidades Pola Bicicleta Ignacio Junoy, o BiciRexistro é o sistema estatal de rexistro que conta coa participación dos propios concellos, das súas policías locais, a DXT e os Xestores Administrativos. Foi creado para disuadir do roubo e facilitar a identificación das persoas propietarias en caso de subtracción, xa que dificulta o comercio ilegal e posibilita a recuperación dunha bicicleta desaparecida.

Junoy explicou que, para os concellos participantes, están habilitados na plataforma da RCxB  dous sistemas de procura de bicicletas: unha listaxe de “bicicletas desaparecidas” onde se poden atopar todas as bicicletas rexistradas que desapareceron, para tentar devolvelas á persoa propietaria; e unha listaxe de “bicicletas localizadas”, onde se publicitan todas aquelas bicicletas que non estiveron rexistradas con antelación, foron localizadas por un corpo de policía e almacenáronse nun depósito municipal á espera de atopar propietaria.

Para que bicicletas ou patín sestean ‘controladas’, o seu rexistro no BiciRexistro pode facerse de dúas maneiras por parte da persoa propietaria. A primeira é en liña e gratuíta na web da RCxB e só recolle datos básicos; e a segunda é o rexistro validado cun kit de marcaxe personalizado (por sete euros).

Este último, unha especie de matrícula, é o que consegue unha diminución de roubos posto que o kit que incorpora un número único xunto a un código  QR para cada bicicleta, recolle todos os datos nunha listaxe a nivel estatal, e identifica cada unha das bicicletas con cadanseu propietario. O kit componse de catro vinilos fabricados nun material de moi difícil extracción da bicicleta ou patín e que, en caso de manipulación, deixan un rastro de adhesivo moi potente.

O principal beneficio para os concellos que participan na iniciativa do BiciRexistro é que a Policía Local da localidade ten acceso directamente á base de datos da RCxB, sendo a procura do vehículo moito máis sinxela e sen limitacións. Ademais, o BR é dunha ferramenta que permite dar a coñecer as bicicletas que están no depósito municipal e que en moitos casos acaban na chatarra por non atopar ás persoas propietarias.

Unha vez rematada a reunión de hoxe, os concellos asistentes deberán trasladar á Deputación o seu interese en participar na iniciativa. Entón remitiráselles toda a documentación e deberán designar unha persoa técnica municipal para a administración de zona -para validación dos rexistros e xestión dos kits- e tamén se dará acceso á plataforma á Policía Local, sempre coa formación previa necesaria.

Crecemento exponencial de bicis e patinetes

Aproveitando o encontro, o secretario técnico da RCxB Nacho Tomás felicitou á Deputación pola iniciativa da ‘Rede Ágora  de Concellos polo Espazo Público’, subliñando que é replicable en moitos outros territorios e deputacións, e puxo sobre a mesa que con motivo da pandemia estase dando un cambio de hábitos de mobilidade por parte da cidadanía, apostando pola mobilidade natural.

Neste sentido, explicou que a tendencia previa á COVID xa era dun aumento do uso da bicicleta, algo que se incrementou no último ano e que se prevé constatar na enquisa que se fará pública en maio como previa ao ‘Barómetro da bicicleta de 2021’. Segundo destacou, “a previsión e a intuición” é que se verán crecementos exponenciais tanto da bicicleta como tamén dos patinetes eléctricos: “Estamos a ver un crecemento moi bo que queremos que aumente pasando das persoas sóde uso  deportivo ao uso cotidiano. Co BiciRexistro queremos quitar o principal trauma, que son os roubos”, finalizou Tomás.

Participaron na reunión de hoxe os concellos de Marín, Cangas, Vilaboa, e Moaña da comarca do Morrazo; Pontevedra, Poio, Cerdedo-Cotobade, A Lama e Ponte Caldelas de Pontevedra; Vilagarcía, Meis, Illa de Arousa, Sanxenxo e Ribadumia, do Salnés; Valga, Moraña, Caldas, e Portas da comarca de Caldas; A Estrada, Forcarei e Silleda do Deza-Tabeirós; Tui, A Guarda, Salceda, O Rosal, e Tomiño do Baixo Miño; Mos, Pazos de Borbén, Nigrán, O Porriño, Gondomar e Oia da zona de Vigo; e As Neves, Ponteareas, Mondariz Balneario, Covelo, e Salvaterra do Condado-Paradanta.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí