Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación pon en marcha unha plataforma de formación online para acceder aos contidos de smartpeme as 24 horas dos 365 días do ano

A plataforma, que emprega o software libre Moodle, está xa operativa. Contará con pílulas formativas continuamente actualizadas sobre novas tecnoloxías

A plataforma, que emprega o software libre Moodle, está xa operativa. Contará con pílulas formativas continuamente actualizadas sobre novas tecnoloxías

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Septiembre de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de poñer en marcha unha plataforma de formación online dirixida ás persoas autónomas, emprendedoras e empresas usuarias do programa SmartPeme. A aplicación, xa operativa, emprega o software libre Moodle, recoñecido a nivel mundial pola súa facilidade de uso, e permitirá que as e os usuarias/os poidan acceder aos contidos de SmartPeme as 24 horas dos 365 días do ano.

 

O Moodle de SmartPeme, semellante ao que xa emprega a Deputación de Pontevedra para a capacitación do seu persoal, contará cunha selección de pílulas formativas que serán periodicamente renovadas e actualizadas. A nova plataforma de formación online está organizada nas categorías TIC, Imaxe, CPED (Centro Provincial de Economía Dixital), Impulsa (competitividade global dos negocios) e TurisTIC (turismo), as carteiras de servizos do proxecto SmartPeme, e ofertará dende vídeos explicativos ata infografías ou presentacións. A día de hoxe conta xa cunha selección de cincuenta obradoiros do programa.

 

As persoas autónomas, emprendedoras e empresas interesadas en acceder aos contidos da nova aplicación de SmartPeme deberán rexistrase a través da ligazón permanente que estará á súa disposición en  https://smartpeme.depo.gal/gl/inicio . Tamén a través do formulario que se enviará coa newsletter quincenal de SmartPeme. Unha vez recibidos os datos e realizada a inscrición as persoas interesadas recibirán unha mensaxe confirmando que foron rexistradas no sistema cun nome de usuario/a e contrasinal de acceso. A partir deste momento, as persoas poderán xa acceder aos contidos do Moodle de SmartPeme e ampliar, en calquera lugar e momento, sen limitación de horarios e rachando con calquera barreira física ou temporal, coñecementos en materia dixital e de mellora da competitivade.

 

A institución provincial dá un paso máis na formación telemática, impulsada notablemente trala pandemia da covid-19. Deste xeito, co novo Moodle de SmartPeme, que servirá como complemento ás actividades de capacitación que a rede vai seguir realizando con carácter semanal, a Deputación de Pontevedra amplía o catálogo de ferramentas dixitais ao servizo do tecido industrial da provincia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí