Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación presenta Camiños do sur, a exposición itinerante que impulsa no marco europeo para valorizar o patrimonio do camiño

A mostra poderá visitarse dende este venres no exterior do Palacete das Mendoza en Pontevedra e recalará despois en Baiona, Tui, Redondela e Caldas

A mostra poderá visitarse dende este venres no exterior do Palacete das Mendoza en Pontevedra e recalará despois en Baiona, Tui, Redondela e Caldas

Fecha: 16 de Marzo de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra dará este próximo venres, 18 de marzo, o pistoletazo de saída á exposición itinerante “Camiños do Sur”, que impulsa no marco do proxecto europeo “Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular”, para valorizar o patrimonio natural e cultural das vías transfronteirizas que descorren pola provincia cara Compostela, en concreto o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa. O obxectivo é enxalzar a súa natureza e as oportunidades de desenvolvemento económico e social sostible que xeran.  A mostra, que poderá visitarse durante as vindeiras catro semanas no exterior do  Palacete das Mendoza en Pontevedra, recalará despois en Baiona, Tui, Redondela e Caldas.

 

“Camiños do Sur”, que ocupará un espazo de 150 metros cadrados, difundirá información a través de cubos retroiluminados e taboleiros con deseños atractivos e modernos, imaxes de gran formato e mobiliario contemporáneo, práctico, atractivo e versátil adaptado ao espazo, vanse “xuntar mundos diversos”, presentar paisaxes, vilas, cidades, persoas e culturas a carón dos camiños. En concreto, amosaranse percorridos e datos históricos, centrando a atención nos contrastes, nas relacións e similitudes entre as paisaxes, así como información sobre os núcleos de poboación que percorren as persoas peregrinas e sobre o seu patrimonio, as súas xentes, as súas tradicións e a gastronomía.

 

Tralo paso por Pontevedra, a mostra continuará o seu percorrido pola provincia visitando a partir do 26 de abril Baiona, onde se situará na Praza do Concello. Posteriormente, a partir do 2 de xuño, exhibirase en Tui na sala municipal de exposicións do edificio “Francisco Sánchez”, dende o 9 de xullo estará en Redondela no Multiusos da Xunqueira e rematará en Caldas, a partir do 17 de agosto, na Praza do Camiño.

 

O proxecto “Camiños Xacobeos do  Oeste Peninsular”, no que se enmarca a exposición “Camiños do Sur”, conta cun orzamento de 2,5 millóns de € cofinanciados polo FEDER ao 75%. O seu principal obxectivo é impulsar o patrimonio do Camiño a través de infraestruturas nas vías cara Compostela que atravesan o Oeste da Península Ibérica como son o Camiño Mozárabe, o Camiño da Costa, a Vía da Prata ou o Camiño Portugués. En concreto, a través deste proxecto no que a Deputación de Pontevedra traballa xunto a outras doce entidades do resto do Estado e de Portugal, estase a impulsar unha actuación homoxénea de sinalización; a mellorar equipamentos; empregar as tecnoloxías para poñer en valor as rutas como recursos turísticos desenvolvendo unha app; e implantar unha estratexia para a conservación, dinamización e prestación de servizos no camiño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí