Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación prestará o servizo de administración electrónica a 61 entidades locais da provincia

A Xunta de Goberno aproba os convenios de colaboración con 51 concellos, 6 entidades locais menores e 4 mancomunidades

A Xunta de Goberno aproba os convenios de colaboración con 51 concellos, 6 entidades locais menores e 4 mancomunidades

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Marzo de 2024

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra avanza no novo convenio para a prestación do servizo de administración electrónica a entidades locais da provincia, aprobado o pasado mes de febreiro e dotado con algo máis de 2 millóns de euros. En concreto, tal e como explicou o presidente Luis López, a Xunta de Goberno acaba de aprobar os convenios de colaboración con 51 concellos, 6 entidades locais menores e 4 mancomunidades da provincia para prestar este servizo.

 

Trátanse dos concellos da Cañiza, A Estrada, A Guarda, A Lama, Agolada, Arbo, As Neves, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Portas Redondela, Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa. Ademais, tamén se aproban os convenios coas entidades locais menores de Arcos da Condesa, Bembrive, Chenlo, Camposancos, Morgadáns e Vilasobroso, e as mancomunidades do Morrazo, O Val Miño, O Salnés, O Baixo Miño.

 

Por outra banda, o presidente da Deputación Luis López informou que a Xunta de Goberno acaba de dar luz verde tamén ao expediente para contratar o servizo de implantación, formación, soporte e mantemento da solución administrativa electrónica para as entidades locais da provincia, cun orzamento total de 2,07 millóns de euros. Tanto os convenios coas entidades locais como este servizo terán unha duración de tres anos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí