Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación recibe 800.000 euros de fondos europeos para mellorar o alumeado exterior doutros cinco concellos da provincia

A través destas novas achegas do IDAE renovarase o alumeado exterior de Cambados, Crecente, Forcarei, O Grove e A Guarda

A través destas novas achegas do IDAE renovarase o alumeado exterior de Cambados, Crecente, Forcarei, O Grove e A Guarda

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Mayo de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén recibir unha nova achega do IDAE por valor de 783.000 euros para a mellora da eficiencia enerxética en outros cinco concellos da provincia. Con esta partida, Cambados, Crecente, Forcarei, O Grove e A Guarda poderán facer fronte á substitución de case 2.000 luminarias por leds de última xeración e elevada eficiencia, actuacións que teñen un custo total de preto dun millón de euros e coas que se conseguirá un aforro enerxético medio do 71%.

 

Máis polo miúdo, en Cambados (252.286,28 euros) substituiranse 550 luminarias, o que suporá un aforro enerxético do 87%; en Crecente (199.682,30 euros) levarase a cabo a substitución de 356 luminarias para lograr un aforro enerxético do 76%; Forcarei (200.370,76 euros) verá substituídas 386 luminarias co obxectivo de acadar un aforro enerxético do 80%; no Grove (279.104,60 euros) substituiranse 613 luminarias, o que suporá un aforro enerxético estimado do 65%; para A Guarda (47.547,26 euros) realizaranse actuacións en 34 luminarias, substituíndo 22 delas e eliminando as 12 restante, coas que se acadará un aforro enerxético do 47%. Nestes concellos substituiranse ademais un total de 49 cadros de mando e as columnas e cabreado que se atopen en mal estado.

 

Con esta inversión, a Deputación segue a apostar por unha enerxía non contaminante en liña co seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Neste senso, o ente provincial xa confirmara nas últimas semanas achegas do IDAE para estender a iluminación exterior sostible e eficiencia enerxética a outros nove concellos da provincia: A Lama, Marín, Meaño, Meis, Mondariz-Balneario, Portas, Valga, Vilanova e Vilagarcía.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí