Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación reclámalle á Xunta que -saia do seu clamoroso silencio- e axude aos concellos, persoas e empresas afectadas polos temporais do nadal

O Goberno provincial presenta unha moción ao Pleno esixindo a aprobación inmediata da declaración da Emerxencia de Interese Galego e a publicación do decreto de subvencións

O Goberno provincial presenta unha moción ao Pleno esixindo a aprobación inmediata da declaración da Emerxencia de Interese Galego e a publicación do decreto de subvencións

Fecha: 16 de Enero de 2023

Fuente: Deputación de Pontevedra

Demándase á Xunta que “se poña a traballar” no informe xustificativo para solicitar tamén ao Goberno do Estado a declaración de Zona Afectada Gravemente por Emerxencia

 

O Goberno da Deputación de Pontevedra decidiu non quedar parado diante dos graves danos causados polos temporais do pasado Nadal, que afectou especialmente á provincia. O Pleno ordinario do próximo día 27 debaterá unha moción asinada polos grupos provinciais do PSdeG-PSOE e o BNG na que se reclama da Xunta de Galicia que exerza as súas competencias exclusivas e “saia do seu clamoroso silencio” poñéndose a traballar para axudar aos concellos, persoas e empresas máis prexudicados/as.

 

A moción reclama a inmediata aprobación da declaración da Emerxencia de Interese Galego e do Decreto regulador das axudas habilitando para elo os créditos necesarios, ao amparo dos artigos 36 e 38 da Lei de Emerxencias de Galicia. No texto, a Deputación insiste en que os fondos autonómicos deben ser obxectivos, transparentes e suficientes para non repetir os erros das últimas dúas únicas emerxencias galegas declaradas, con motivo da vaga de lumes, en agosto de 2016, e da pandemia, entre os anos 2020 e 2021. No primeiro caso, as subvencións foron  anecdóticas e opacas e no segundo, ademais da habitual opacidade, deixouse absolutamente desamparados aos concellos que non recibiron nin un euro, subliña o texto.

 

Ademais, a Deputación lémbralle á Xunta que, ao tratarse dunha emerxencia de ámbito galego, correspóndelle poñerse a traballar e remitir ao Goberno de España un informe detallado dos danos causados polos temporais nas catro provincias. Ao amparo dos  artigos 21 e 23 da Lei do Sistema de Protección Civil correspóndelle á Xunta de Galicia instar ás autoridades estatais a aprobar a declaración de Zona Afectada Gravemente por unha Emerxencia de Protección Civil e facer o posible por xustificar que se dan as condicións legais previstas para a participación estatal na reparación dos prexuízos causados por esta emerxencia.

 

A moción destaca que das 400 incidencias rexistradas o 1 de xaneiro, case a metade tiveron lugar na provincia de Pontevedra e concellos, persoas e empresas seguen agardando polo Goberno galego. Unha vez máis os concellos, especialmente no sur da provincia de Pontevedra, onde se  rexistraron os maiores estragos, parecen condenados a facer fronte en solitario á “factura” dunha situación de emerxencia que a Xunta se nega a recoñecer ata o momento. As competencias autonómicas en caso de catástrofes con graves danos están claramente recoñecidas na Lei de Emerxencias, pero o Goberno galego parece decidido a incumprir a súa propia lexislación e negar a evidencia dunha emerxencia que provocou cuantiosos danos en dotacións e servizos públicos, así como nas propiedades de persoas e empresas.

 

Finalmente, a Deputación recalca que, con independencia de que a cidadanía xa ten dispoñible a vía ordinaria de pedir subvencións a fondo perdido ao Estado no marco do Real Decreto 307/2005 que habilita axudas para casos de danos en vivenda habitual e nos “enseres básicos” por mor dunha catástrofe, é necesario que a Xunta active fondos propios extraordinarios co amparo legal da figura da declaración da Emerxencia de Interese Galego e trate, ademais, de impulsar a declaración estatal de Zona Afectada Gravemente por Emerxencia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí