Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación saca adiante un plan de axudas polas inundacións mentres a Xunta confirma que incumprirá as súas competencias e abandonará aos concellos

O deputado de Economía e Facenda, Carlos Font, cualifica como -intolerable- a carta remitida por Alfonso Rueda que acredita que o Goberno galego, tres meses despois dos temporais, aínda non aprobou axudas para os concellos afectados

O deputado de Economía e Facenda, Carlos Font, cualifica como -intolerable- a carta remitida por Alfonso Rueda que acredita que o Goberno galego, tres meses despois dos temporais, aínda non aprobou axudas para os concellos afectados

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Marzo de 2023

Fuente: Deputación de Pontevedra

Contundente resposta da Deputación unha vez que a Xunta de Galicia vén de recoñecer, cunha carta asinada polo presidente galego, Alfonso Rueda, que tres meses despois dos temporais do pasado Nadal, que causaron cuantiosos danos nos concellos da provincia de Pontevedra, aínda non se aprobaron axudas autonómicas. Fronte á inacción da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, sen ter competencias nesta materia, aprobou na Xunta de Goberno celebrada este venres unha convocatoria extraordinaria de subvencións coa que repartirá 2,7 millóns de euros entre os concellos afectados.

 

O deputado de Economía e Facenda, Carlos Font, cualificou a carta de Alfonso Rueda como “intolerable” e denunciou que a Xunta “non fai o seu traballo”, polo que a Deputación vese na obriga de volver insistir na reclamación de que o Goberno galego aprobe un  decreto co reparto obxectivo de axudas entre os concellos afectados polas inundacións. “Pero como non o fan, temos que facelo dende a Deputación, mesmo sen ter ningunha competencia neste eido”, lamentou.

 

A Deputación xa respondeu por escrito á carta de Rueda. Unha resposta que asina o propio Carlos Font. O texto remata lembrándolle á Xunta as súas obrigas legais: “Están vostedes deixando de cumprir coas súas competencias e abandonando ás veciñas e veciños das zonas afectadas”. Na misiva considérase tamén como “sorprendente” e “inadmisible” que a Xunta teña alegado que o seu vicepresidente segundo “estaría disposto a desprazarse á zona afectada polos temporais” se vai acompañado do delegado do Goberno e da presidenta da Deputación. “Queren vostedes dicir que o vicepresidente segundo aínda non visitou o territorio? Parécelles aceptable ese abandono de funcións?”, responde Font.

 

 

Porén, a Deputación considera como “o máis sorprendente” que a Xunta teña afirmado que non é necesario activar a declaración de Emerxencia de Interese Galego para activar xuridicamente as axudas autonómicas. “A día de hoxe non temos constancia de convocatoria algunha realizada pola Administración autonómica. Polo tanto, se xa poden facelo sen unha declaración previa de emerxencia, quixera que aclarasen a razón pola que non o fixeron”, engade a carta de resposta.

 

Carlos Font conclúe que esta situación tornouse “esperpéntica” cunha Xunta que di que as axudas por emerxencias, que son unha competencia autonómica exclusiva, son fáciles de repartir de calquera maneira ao tempo que non as reparte. Finalmente, lembrou que todo isto chega co contexto da petición formulada en 2007 por Alberto Núñez Feijoo, cando era líder da oposición en Galicia, para que a Xunta aprobase unha lei que garantise os pagos por catástrofes antes de 15 días. “Agora van tres meses e todo o que recibe esta provincia son cartas”, conclúe.

 

2,7 millóns da Deputación para os concellos de menos de 20.000 habitantes

En canto ao Plan de Axudas aprobado pola Xunta de Goberno da Deputación, contará cunha dotación de 2,7 millóns de euros dirixidos aos concellos de menos de 20.000 habitantes afectados  polos temporais producidos entre o 24 de decembro e o 1 de xaneiro e que certifiquen que teñen realizado obras para reparación de bens de titularidade municipal. Son subvencionables as reparacións e reconstrución de bens e espazos públicos, a retirada de materiais, limpeza e reacondicionamento de bens e espazos públicos, a construción de muros de contención, terrapléns e pedrapléns e actuacións de aseguramento de espazos e bens. Finalmente, admítense os gastos de reposición de elementos e mobiliario, así como outras  actuacións de reparación, recuperación, reposición, acondicionamento ou rehabilitación.

 

O plan da Deputación apróbase en cumprimento do acordo plenario adoptado, por unanimidade, o pasado 28 de xaneiro. Un acordo no que se remarcaba o seu carácter complementario  ás axudas autonómicas. Así se lle comunicou ao propio Goberno galego na carta remitida ao presidente, Alfonso Rueda, dous días despois e que a Xunta vén de responder agora tan só para confirmar a súa inacción. Diante desta situación, a Deputación decidiu sacar adiante o seu propio plan en solitario, a pesar do carácter complementario previsto orixinariamente no acordo plenario.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí