Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guía Turística de Tui da Red de Juderías xa está dispoñible en portugués

Co obxectivo de dar resposta ao cada vez maior interese do visitante de Portugal pola ruta xudía de Tui, a Guía Turística da cidade, editada pola Red de Juderías de España, está xa dispoñibles en portugués.

Co obxectivo de dar resposta ao cada vez maior interese do visitante de Portugal pola ruta xudía de Tui, a Guía Turística da cidade, editada pola Red de Juderías de España, está xa dispoñibles en portugués.

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Mayo de 2023

Fuente: Concello de Tui

A colección de guías turísticas ‘Rutas polas Xudarías de España’ recolle a historia, as tradicións, a gastronomía e a cultura orientada para que o viaxeiro poida descubrir todos os atractivos das 21 cidades que forman parte desta rede. Todas estas publicacións foron realizadas pola autora sefardí Alejandra Abulafia.

Estes materiais son gratuitos e a nova versión da cidade de Tui en portugués xa está dispoñible para consulta e descarga en formato PDF na páxina web da Red de Juderías. Próximamente tamén estará dispoñible no novo portal turístico ‘Caminos de Sefarad’, un proxecto dixital e interactivo no que o visitante poderá coñecer a historia de cada cidade da Red de Juderías con mapas elaborados, ilustracións orixinais, enlaces a materiais audiovisuais, itinerarios, testemuñas e curiosidades.

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, esta edición en lingua portuguesa ten unha especial importancia para a cidade xa que a posición transfronteiriza converte aos visitantes procedentes de Portugal nun dos principais sectores de público obxectivo aos que achegar a oferta turística de Tui. Cabaleiro apunta que esta versión da guía “abre novas posibilidades de promoción para Tui e o seu amplo patrimonio cultural, especialmente no que atinxe á herdanza xudía conservada na nosa cidade, unha das referencias deste legado en Galicia e España”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí